Concerto de María do Ceo na Sala Galileo Galilei, o 7 de maio

Actos
05/07/2019
05/07/2019
07/05/2019

Concerto de María do Ceo na Sala Galileo Galilei, o 7 de maio

A fadista luso/galaica cantará tamén temas do seu último traballo que permanece fiel ao seu estilo, elegante e sobrio

O martes 7 de maioás 21 horas a fadista María do Ceo ofrecerá un concerto na Sala Galileo Galilei (Calle Galileo, 100, 28015 Madrid), no que incluirá temas do seu último disco, un traballo no que fado e música galega conviven de novo. "Morriña" e "Saudade", fúndense na súa voz forte e tamén doce.

Para escoitar como soa María do Ceo PULSAR Aquí

Para adquirir entradas PULSAR AQUÍ, ou na propia sala.

María, a fadista "con bágoa na garganta", naceu e creceu artisticamente no fado, e a el segue dedicando a súa vida. Sente e comunícao con entrega e alma, ata o punto de converterse nunha das súas voces máis respectadas.

Desde aquelas "Cartas de Amor" (1997), o seu primeiro disco, escritas vocalmente coa tinta indeleble da emoción, balanceándose entre a nostalxia, a melancolía, a dozura, a paixón e a tenrura, ata hoxe, pasaron os anos e con eles este "ceo" de artista, cunha entrañable humildade, e o don da súa voz, que foi medrando no panorama musical ao longo e ancho de centenares de concertos, con trece discos que deixaron unha profunda pegada e que marcan un itinerario emocional, con múltiples recoñecementos, que desde as dúas beiras do Miño desemboca neste novo disco, MARIA DO CEO, "A FADISTA", un traballo, no que fado e música galega volven convivir, nun espazo emocional no que as texturas sonoras expresan sentimentos compartidos pola melancolía e no que a "saudade" e a "morriña" emerxen na súa voz e móstranse en contextos claros e reconocibles, cunha tensión de afectividade musical que atrae de súpeto.

O título ten "denominación de orixe artística" -o fado-, e nel María canta con "Bágoas na gorxa", cousas da saudade (ese sentimento afectivo profundo, próximo á melancolía, estimulado pola distancia a algo amado, que implica en ocasións resolver esa distancia), fados, fados cancións, cancións en galego e temas populares provocan unha "aflición sensitiva" da que xurden "bágoas" por causas emocionais na súa escoita, a consecuencia do "chute emocional" e outros que alivian os "quebrantos da alma" coas alegrías de temas populares, o que potencia, na súa tira e afrouxa, un vaivén musical que ten a súa recompensa deixando unha sensación moi pracenteira.

07 Maio 2019
Actos
Imaxes