Concertos escénicos A ROSALÍA DE FEDERICO, de Amancio Prada
Terán lugar no Teatro Español os días 12, 13 e 14 de abril de 2013
O compositor e cantautor Amancio Prada presentará os próximos 12, 13 e 14 de abril no madrileño Teatro Español os concertos escénicos "A Rosalía de Federido", que inclúen a estrea do "Seis Poemas Galegos" de Lorca e o seu "Salutación Elegíaca a Rosalía de Castro". A segunda parte do concerto está centrada nas cancións de Rosalía.
Madrid, 25 de marzo de 2013.- O compositor e cantautor Amancio Prada presentará os próximos 12, 13 e 14 de abril no madrileño Teatro Español os concertos escénicos "A Rosalía de Federido", que inclúen a estrea do "Seis Poemas Galegos" de Lorca e o seu "Salutación Elegíaca a Rosalía de Castro". A segunda parte do concerto está centrada nas cancións de Rosalía.
Amancio Prada, sobre unha idea orixinal de José Luís Gómez, aborda composicións inéditas ata hoxe no seu repertorio: "A figura simbólica de Federico e Rosalía, de novo en viva voz, ante a paisaxe crítica dunha máis que común conciencia".
O espectáculo está concibido como unha homenaxe a Rosalía de Castro, da man de Federico García Lorca.
A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Cultura, está presente na coprodución destas representacións no Español.