19/12/2017
A Consellería de Cultura e o Instituto Cervantes celebran un acto conmemorativo das Letras Galegas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes celebran o martes 19 de decembro, ás 19 horas, un acto conmemorativo das Letras Galegas 2017, que este ano estiveron dedicadas ao escritor Carlos Casares Mouriño.
Será na sede do Instituto Cervantes, na madrileña rúa de Alcalá, 49 (con entrada por Barquillo, 4).
Está previsto que acudan importantes personalidades.
Adxunto publícase a invitación.
19 Decembro 2017
Actos