15/02/2018 - 15/02/2019
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes inauguran a exposición "A verdade entre as mans", de Baldomero Pestana
-
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes inauguran o xoves 15 de febreiro de 2018 a exposición "A verdade entre as mans", de Baldomero Pestana, na sala de exposicións do Instituto Cervantes en Madrid.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o próximo 8 de abril.
Os interesados en asistir á inauguración teñen que confirmar a súa asistencia no teléfono 981544405 ou no correo electrónico eventos.culturaeducacion@xunta.gal.
Adxunto publícase a invitación.
15 Febreiro 2018
-
Actos