Estréase en Madrid a película TRINTA LUMES da cineasta galega Diana Toucedo

Actos
02/08/2019
02/17/2019
08/02/2019 - 17/02/2019

Estréase en Madrid a película TRINTA LUMES da cineasta galega Diana Toucedo

Proxectarase no Círculo de Bellas Artes, do 8 ao 17 de febreiro

"A maxia que emana da aldea", Gregorio Belinchón (El País); "O Twin Peaks galego", Philipp Engel (Fotogramas); "Brillante, suxestiva e sonámbula", Luís Martínez (El Mundo); "Unha obra tremendamente persoal, rebosante de esoterismo e misticismo arraigada ás raíces dunha terra tan remota como fermosa", Joan Salga (Filmin). Son algunhas das críticas recibidas por TRINTA LUMES, ópera prima da cineasta galega Diana Toucedo y que se proxectará no Círculo de Bellas Artes de Madrid os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de febreiro. A súa protagonista é unha adolescente de 13 anos, Alba, que sente unha atracción irresistible polo descoñecido e o misterioso da súa contorna. Alba e Samuel, o seu mellor amigo, entran en casas abandonadas, percorren pobos destruídos e adéntranse no interior dunhas fascinantes montañas que esconden outro mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.

Para ver o trailer oficial pulsa AQUÍ

Para mercar entradas pulsa AQUÍ

Nestas liñas damos a coñecer algúns datos sobre Trinta Lumes tras a visita á Casa de Galicia de Silvia Lobo e Javier Asenjo de ELAMEDIA, a empresa encargada da distribución da cinta. Eles fixéronnos chegar o entusiasmo e o amor por Galicia da directora Diana Toucedo, que volveu á súa terra para centrarse nela despois de formarse e traballar en diferentes lugares. En palabras de Touceda,  "Ás veces o que nos rodea de forma invisible é máis poderoso que o visible. Aquilo que emana da natureza, da terra ou mesmo o que en moitos momentos móvese co aire pode producirnos sensacións e mesmo recordos de presenzas, de tempos pasados, de aromas, emocións que non vemos, pero xustamente sentimos". Nesta película a xove directora quixo indagar xusto nesa gran capacidade para sentir "aquilo que non captamos pola mirada, pero si a través dos demais sentidos". É o que lle ocorre a Alba Arias, que con só 13 anos ten unha sensibilidade pura e intuitiva, pero tamén unha mirada atenta e curiosa que lle permite achegarse ao mundo que a rodea en busca  daquilo que non comprende, aquilo que non se revela dun modo evidente. A procura sucede ademais nun lugar moi especial, nas frondosas e illadas montañas de O Courel, no interior da provincia de Lugo, onde as súas xentes aínda conviven co envite directo da natureza, o duro inverno, o despoboamento e o esquecemento pero tamén cunha forza: a convicción de que a morte non é un fin senón unha transición. "Esta forma de comprender a vida, e a morte ao mesmo tempo, fascinoume desde o primeiro momento que comprendín que o Courel en si mesmo tamén era un lugar cun mundo máis oculto que visible, era un iceberg como dicía o poeta do lugar Uxío Novoneyra. E cinematograficamente o reto de desvelar algo daquilo que se esconde, que se oculta pero ao mesmo tempo tamén loita por permanecer presente pareceume necesario para retomar e reivindicar o poder dos nosos sentidos", asegura Toucedo.

Na película, a superstición e a tradición atópanse fronte a fronte, conformando unha historia fascinante, onde a paisaxe é tamén protagonista pois garda desde hai séculos lendas e misterios aos que agora Alba parece conseguir asomarse.

Ademais das dúas fins de semana no Círculo de Bellas Artes, TRINTA LUMES proxectarase tamén os días 21 e 22 nos cinemas ZOCO de Mahadahonda (Madrid). O xoves 21 realizarán un acto de presentación con coloquio posterior ao pase. O 22 de febreiro entrará na programación semanal do cine.

08 Febreiro 2019
-
Actos
Imaxes