Exposición pictórica 'Un artista coreano no Camiño de Santiago'

Actos
04/23/2013
05/10/2013
23/04/2013 - 10/05/2013

Exposición pictórica 'Un artista coreano no Camiño de Santiago'

Exhíbese no Centro Cultural Coreano de Madrid do 23 de abril ao 10 de maio de 2013

O Centro Cultural Coreano de Madrid expón a obra pictórica jacobea do artista coreano Namgoong Moon na mostra titulada 'Un artista coreano no Camiño de Santiago', que se exhibirá do 23 de abril ao 10 de maio de 2013 na súa sala de exposicións do Paseo da Castelá, n.º 15, de Madrid. A exposición será inaugurada ás 20,50 horas do día 23 de abril dentro do marco cultural de 'A Noite dos Libros'.

Moon percorreu por primeira vez o Camiño de Santiago (1.000 km) no ano 2001, alí encontrou a súa inspiración e volveu facer o percorrido cada tres anos, nas catro estacións do ano, ata o 2010. Máis tarde publicou catro libros en Corea con bosquexos da súa experiencia jacobea, cada un centrado nunha das catro estacines, sendo o dedicado ao outono o último deles e o xerme da obra plástica que agora expón en Madrid, que se compón dunhas 140 acuarelas, debuxos, bosquexos e fotografías.

Namggoong Moon naceu en Corea. Realizou os seus estudos na facultade da Belas Artes de Seúl e cursou unha investigación na Escola de Belas Artes da Universidade de Barcelona. Tamén realizou un curso de pintura mural na Escola Nacional de Artes Plásticas de México.

Centro Cultural Coreano

Do 23 de abril ao 10 de maio de 2013
Inauguración: o 23 de abril de 2013 ás 20.50 hs

http://www.centroculturalcoreano.com/navigator.do?siteCode=null&langCode=null&menuCode=201105230002&promImg=1306398925323.gif&menuType=LI&subImg=1306398925323.gif&action=VIEW&seq=47

23 Abril 2013
-
Actos