Exposición Pórtico Virtual. As claves da restauración do Pórtico da Gloria
A Fundación Barrié presenta entre setembro de 2012 e febreiro de 2013 no Conde Duque de Madrid a exposición PÓRTICO VIRTUAL. As claves da restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, unha mostra interactiva sobre a historia, iconografía e o ambicioso programa de restauración que se está a desenvolver no Pórtico da Gloria, o Programa Catedral, financiado pola Fundación Barrié con catro millóns de euros.
Con esta exposición a Fundación Barrié quere achegar o proxecto de conservación do Pórtico da Gloria á sociedade e difundir o coñecemento sobre o Patrimonio, así como dar continuidade ás accións divulgativas organizadas en Berlín e Lisboa en 2011 e na Victoria and Albert Museum de Londres en xuño de 2012.
Máis información en www.fundacionbarrie.org y www.programacatedral.com.