O Centro de Estudos Galegos da UCM celebra o Día das Letras Galegas no Ateneo de Madrid el 10 de maio
O Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid celebra o Día das Letras Galegas cunha conferencia sobra a figura á que está dedicado este ano, a do escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo Antón Fraguas, e un recital poético que terán lugar o próximo 10 de maio no Ateneo de Madrid (Rúa do Prado, 21, 28014 Madrid).
A conferencia, "Antón Fraguas, mestre da memoria", está a cargo da profesora María Dolores Villanueva Gesteira, que será presentada por Manuel Pereira Valcárcel e terá lugar ás 19.00 horas.
O recital, "Concordia poética", comezará ás 19,40 horas, estará coordinado polo escritor Vicente Araguas e contará coas intervencións de Xosé de Arxeriz, Miguel Barreira, Manuel Pereira Valcárcel, Rafa Yáñez e Pepa Neto.
O acto está organizado pola Asociación de mulleres galegas "Rosalía de Castro", o Ateneo de Madrid, o Centro de Estudos Galegos-Universidade Complutense de Madrid e a Xunta de Galicia.