O escultor galego Miguel Couto presenta a súa obra no hotel Elba Madrid Alcalá

Actos
11/05/2018
11/05/2018
05/11/2018

O escultor galego Miguel Couto presenta a súa obra no hotel Elba Madrid Alcalá

E farao na Casa de Galicia o próximo ano

O escultor coruñés Miguel Couto expón do 5 ao 11 deste mes de novembro no hotel Elba (Rúa Alcalá 476, 28027 Madrid) unha selección das súas obras, especialmente en bronce, o seu material preferido. A mostra, que leva por título "Chegar", reune as de recente creación, todas elas modeladas e fundidas polo artista no seu taller-fundición de Arteixo (A Coruña). Está enmarcada na  2ª edición de Madrid Hotel Week, un evento no que participa Elba e que pretende dinamizar ofértaa hostaleira madrileña e o seu impacto na oferta turística nacional e internacional. Está previsto que o próximo ano Miguel Couto ofrecerá algunhas das súas creacións nas salas da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia.

Couto é un escultor de prestixio, xa consolidado, porque algunhas das súas obras atópanse instaladas en espazos públicos da Costa da Morte. "A idea de mellorar un espazo público a través da miña obra cólmame e imponme unha disciplina que, literalmente,- quítame o sono", comenta o artista. O escultor ten 20 obras públicas repartidas pola xeografía galega. A exposición en Elba Madrid Alcalá supón un novo reto nesta liña, xa que dalgunha forma trátase tamén dun espazo público, ao que pode acceder calquera que desexe gozar da arte.

Non é a primeira vez que Couto e Hoteis Elba colaboran. O artista é tamén o artífice do trofeo do Torneo Anjoca Golf Cup, competición de golf que anualmente organiza a cadea hostaleira en Forteventura. Unidos pola súa orixe galega e polo seu amor á arte, cadea hostaleira e escultor atoparon na Madrid Hotel Week unha nova oportunidade para traballar da man.

Segunda edición da Madrid Hotel Week

Co obxectivo de dinamizar o sector hostaleiro e o impacto dos establecementos na imaxe da capital, a Asociación Empresarial Hostaleira de Madrid puxo en marcha o ano pasado o evento Madrid Hotel Week que este ano afronta a súa segunda edición.

Durante unha semana, máis de sesenta establecementos da capital ?entre os que se inclúe Elba Madrid Alcalá- ofrecerán descontos exclusivos, propostas e actividades de lecer, tanto para os seus aloxados como para calquera persoa interesada, así como experiencias gastronómicas e visitas guiadas a hoteis icónicos e novos proxectos da cidade do oso e o madroño.

Un hotel urbano con moito encanto e capital galego

Aínda non se cumpriu un ano desde que Elba Madrid Alcalá iniciou a súa andaina, pero a súa boa conexión co aeroporto e co centro de Madrid, e as súas luminosas instalacións para eventos permitíronlle situarse como un hotel moi atractivo para os viaxeiros de negocios e a celebración de eventos e reunións de empresa.

Así mesmo, o establecemento que conta con capital galego, foise integrando na vida da capital, propoñéndose como espazo de lecer coa súa oferta gastronómica. O restaurante á 476, especializado en cociña tradicional renovada, tivo unha boa acollida, do mesmo xeito que a terraza chill-out que estreou o pasado verán.

Agora, coa súa participación na Madrid Hotel Week, Elba Madrid Alcalá segue introducíndose na axenda social madrileña, dándose a coñecer como un establecemento desexoso de acoller tanto aos madrileños como aos viaxeiros que frecuentan a capital, sexa cal for a súa procedencia.

Para máis información: Idealmedia. Gabinete de Prensa de Hoteis Elba. Tel. 91 183 17 30. Mari Cruz Mariña mcmarina@idealmedia.es

05 Novembro 2018
Actos
Imaxes