O grupo galego Radio Cos presenta en directo o seu segundo traballo discográfico titulado "Pasatempo"

Actos
12/20/2016
12/20/2016
20/12/2016

O grupo galego Radio Cos presenta en directo o seu segundo traballo discográfico titulado "Pasatempo"

O grupo galego Radio Cos presenta en directo o seu segundo traballo discográfico titulado "PasatempoDespois do éxito do primeiro disco (2013), virando por multitude de festivais europeos, Radio Cos son seleccionados na revista Folk in Roots dentro do ránking dos mellores discos do ano. Tamén entran na prestixiosa lista World Charts Music de éxitos musicais ese mesmo ano, e son grupo oficial do Womex 2016.

En "Pasatempo", o seu novo traballo, continúan no empeño de visibilizar as cancións tradicionais de Galicia, repertorio que é froito do seu intenso traballo de investigación de campo, interpretándoas e traéndoas aos nosos días sen renunciar a mesturalas con outras tradicións irmás doutras partes do mundo.

Este segundo disco e o seu título están inspirados no "Parque do Pasatempo", un precursor dos parques temáticos situado en Betanzos, a antiga capital do Reino de Galicia. Os seus promotores e construtores, os García Irmáns, quixeron plasmar nesta obra arquitectónica unha infinidade de detalles sobre as súas innumerables viaxes ao redor do mundo.

Esta mesma idea é a que persegue Radio Cos, hermanar neste disco as culturas coas que mantiveron un contacto a través das súas viaxes musicais.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas de Radio Cos, son dous referentes no campo da investigación etnográfica en Galicia que fixeron evolucionar a música galega de raíz de forma natural. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen ao seu arquivo de gravacións de campo, traballo que levan facendo desde fai máis de trinta anos.

A banda confórmana ademais tres prestixiosos músicos galegos que teñen ao seu cargo o acordeón (Xan Pampín), gaita e saxo tenor (Pedro Lamas) e violín (Nikolay Velikov).

Información sobre Radio Cos en www.radiocos.gal

Para máis información, entrevistas e material de promoción:

Federico Ortega / 649410254 / fortegajimenez@gmail.com

 

20 Decembro 2016
Actos
Imaxes