Preséntase en Madrid a novela histórica "Réquiem", da lucense María Dolores Seijas Soto

Actos
11/29/2017
11/29/2017
29/11/2017

Preséntase en Madrid a novela histórica "Réquiem", da lucense María Dolores Seijas Soto

Madrid, 24 de novembro de 2017.- A escritora lucense María Dolores Seijas Soto presenta en Madrid a súa novela histórica "Réquiem". O acto terá lugar o próximo 29 de novembro, mércores, ás 18,30 horas, no Instituto Polaco de Cultura ( C/ Felipe IV, 12 -Baixo A, Madrid).

 

Acompañarán á autora na presentación Ernest Kowalczyk, coordinador de Proxectos Históricos, presidindo o acto, Eduardo Calvo, poeta e director do Instituto Cervantes en Tánxer, presentando o evento, e Mercedes González, editora de Punto Rojo Libros.

O acto está aberto a todos os que desexen asistir.

 

Acto: Presentación da novela histórica RÉQUIEM, de María Dolores Seijas Soto.

Data: Mércores 29 de novembro.

Hora: 18,30 horas.

Lugar: Instituto Polaco de Cultural.

C/ Felipe IV, 12 – Baixo A, Madrid.


 

29 Novembro 2017
Actos
Imaxes