Proxéctase en Madrid "A praia dos afogados" en versión orixinal galega

Actos
11/17/2016
11/17/2016
17/11/2016

Proxéctase en Madrid "A praia dos afogados" en versión orixinal galega

O próximo 17 de novembro proxectarase en Madrid a película "A praia dos afogados" en versión orixinal galega; será ás 20,30 horas nos Cinemas Princesa. Tras a proxección haberá un coloquio no que participarán o director da película, Gerardo Herrero, e o autor da novela na que se basea, Domingo Villar.

O cinema creou unha ligazón para adquirir as entradas: http://www.pillalas.com/pase/449612/.

A película lanzouse comercialmente o 9 de outubro e estreouse en Galicia co título de "A praia dos afogados" e co de "La playa de los ahogados" no resto de España.

17 Novembro 2016
Actos