A Universidade Pontificia de Comillas ICAI ICADE programa, para o mércores 9 de maio, a conferencia "Francisco e Miguel Pradilla: dous artistas, dúas visións diferentes"

Actos
05/09/2019
05/09/2019
09/05/2019

A Universidade Pontificia de Comillas ICAI ICADE programa, para o mércores 9 de maio, a conferencia "Francisco e Miguel Pradilla: dous artistas, dúas visións diferentes"

Impartida pola doutora en Historia da Arte Soledad Cánovas del Castillo Sánchez-Marcos

A Universidade Pontificia de Comillas ICAI ICADE (rúa Alberto Aguilera, 23, Aula O-306, Madrid) programa para o mércores 9 de maio, ás 20 horas, a conferencia "Francisco e Miguel Pradilla: dous artistas, dúas visións diferentes", que impartirá Soledad Cánovas del Castillo Sánchez.Marcos, doutora en Historia da arte e comisaria e autora do catálogo da exposición "Francisco e Miguel Pradilla. A tradición da pintura naturalista", que se exhibiu no Espacio Cultura Mira, de Pozuelo de Alarcón, o pasado mes de novembro.

A conferenciante será presentada por Mario López Barrajón, historiador da arte, e María José Bró, directora do programa "Por amor á arte", de Radio Internacional e pintora.

Francisco Pradilla conseguiu fama mundial coa obra "Doña Juana a Loca" (Museo do Prado). Ambos os pintores mantiveron unha estreita relación con Galicia por canto que a esposa de Francisco e nai de Miguel Pradillo era de Vigo. Na produción pictórica de ambos son numerosos as paisaxes e as escenas galegas.

Confirmar asistencia en joseigonzalezsaez@gmail.com

09 Maio 2019
Actos
Imaxes