Xornada divulgativa: As claves da restauración do Pórtico da Gloria + Presentación de "El Sueño de Mateo"
A Fundación Barrié organiza en Madrid o 4 de decembro unha xornada divulgativa sobre o proxecto de conservación preventiva e restauración do Pórtico da Gloria.
Madrid, 30 de novembro de 2012.- A Fundación Barrié organiza unha xornada divulgativa aberta ao público xeral sobre a restauración do Pórtico da Gloria, o próximo 4 de decembro no Conde Duque (C/Conde Duque, 9-11) de Madrid. Os relatorios abordarán o proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria dende diferentes perspectivas (liñas de investigación histórico-artística, liñas de traballo futuras, conclusións dos estudos previos e proposta do plan de intervención) e estarán precedidas por unha breve presentación da publicación ilustrada El Sueño de Mateo, editado en 2012 pola Fundación. A inscripción á xornada, gratuita, xa está aberta en www.fundacionbarrie.org.