A Xuntanza de Galegos en Alcobendas celebra o sábado 3 de novembro o Magosto 2018

Actos
11/03/2018
11/03/2018
03/11/2018

A Xuntanza de Galegos en Alcobendas celebra o sábado 3 de novembro o Magosto 2018

A Xuntanza de Galegos en Alcobendas celebra 8 este sábado, 3 de novembro,  a festa da castaña, o Magosto 2018. Farao na Esfera de Alcobendas (Avenida Olímpica, 14) a partir das 19,30 horas, con repartición de castañas asadas acompañadas de viño de ribeiro, a presentación do acto por parte do alcalde da localidade, o concelleiro de Cultura e o presidente da asociación e, de 20 a 21 horas, a actuación do Grupo Folclórico e a Coral de Xuntanza.

 

Na súa orixe, o magosto era unha festa que se celebraba en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas.  Tamén di a tradición galega que as castañas simbolizan a alma dos defuntos e que, con cada froito, na festa do Magosto, unha alma librábase do Purgatorio.

Sexa como for, os galegos afrontan esta divertida festa ao redor da comunidade, o lume, as castañas e o viño, no primeiros once días de novembro. Este costume centenario de xuntarse e festexar o peche dun ciclo, mantivo viva de xeración en xeración, a festa do Magosto.

Xuntanza de Galegos en Alcobendas leva moitos anos celebrando esta festa aberta a todos os veciños de Alcobendas e a cuantos queiran achegarse ao edificio La Esfera para saborear as ricas castañas galegas recentemente asadas e viño de Ribeiro, en degustación gratuíta ofrecida pola veterana asociación galega que preside Ovidio Cadenas, á fronte dun entusiasta equipo de colaboradores.

03 Novembro 2018
Actos
Imaxes