Conferencia "MENSAXE E LENDAS DO PÓRTICO DA GLORIA", por Javier Fernández

Eventos
11/15/2023
11/15/2023
15/11/2023

Conferencia "MENSAXE E LENDAS DO PÓRTICO DA GLORIA", por Javier Fernández

Esta conferencia enmárcase dentro do SEMINARIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDOS XACOBEOS que desde o ano 2001 organiza a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Madrid.

Javier Fernández Díaz, galego residente en Valladolid, estudante en Foz, Lugo e Valladolid, universitario e residente en Santiago de Compostela e máis de corenta anos de docencia, é membro da Asociación Xacobea Valisoletana.

A Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid organiza na Casa de Galicia en Madrid o ‘Seminario Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos’, que se creou en 2001 como homenaxe ao ilustre galego do que tomou o nome, José Antonio Cimadevila Covelo, que presidiu o Centro Galego de Madrid e tamén a Asociación desde 1987 data da súa fundación. Neste seminario a Asociación reúne a estudiosos e personalidades que achegan unha mirada fundamental ao complexo fenómeno xacobeo.

Esta asociación naceu para ser en Madrid lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e a diversa realidade creada polo fenómeno da peregrinación e está aberta a cuantos ámbitos de coñecemento poidan axudar no estudo do Camiño e a peregrinación a Compostela, entre outros os da historia, a arte, a xeografía, a filosofía, a lexislación, a enxeñería ou a socioloxía.

15 Novembro 2023
Eventos
Participantes
Javier Fernández Díaz, membro da Asociación Xacobea Valisoletana
Imaxes