Inauguración da exposición colectiva "Camiños en feminino".

Eventos
05/08/2012
05/08/2012
08/05/2012

Inauguración da exposición colectiva "Camiños en feminino".

-

As artistas participantes nesta mostra de arte, que se inaugura ás 20:00 horas, ofrecen unha orixinal creatividade, unha riqueza de oficio e unha diversidade de disciplinas e métodos que farán da exposición un extenso mosaico rico en propostas, onde se poderán interpretar as máis belas e densas visiós do peregrino e o camiño que lle serve de guía. A exposición poderá visitarse ata o 1 de xuño. (Horario: de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas).

O pasado ano, “Ano Santo Compostelán”, iniciouse un proxecto cultural denominado “Camiños”. Dada a súa boa acollida, este ano a Fundación Camino de Santiago e a Asociación de Amigas y Amigos del Camino Portugués a Santiago fixo realidade unha segunda edición titulada: “Camiños en feminino, Arte 2011-2012”.

Nesta segunda edición son vinteunha as artistas que poñen nas súas obras a súa especial visión dos Camiños de Santiago: Adriana Martín, Amelia Palacios, Ángeles Iglesias, Basilisa Fiestras, Beatriz Suárez Sáa, Carmen Cabaneiro, Carmen Hermo, Carolina M. Araújo, Chuneta, Coco Pimentel, Glau Fonseca, Helga Mader, Kuqui Pazos, Lidia Costa, Mª Ángeles Guillán, Montse Frieiro, Paula Cabaleiro, Paula Mariño, Paz Vicente, Puri del Palacio e Silvia Capelo.

Con esta mostra preténdese de maneira simbólica recordar e homenaxear a tantas mulleres que tiveron que enfrontarse e superar moitos obstáculos para poder dedicarse a aquilo que verdadeiramente desexaban.

A temática suxerida para esta exposición é o camiño como exercicio de búsqueda interior, de observación do universo que se presenta no noso tránsito vital, da percepción espazo-temporal en distintas etapas da nosa presenza no mundo e sobre todo do concepto Filosófico-Teolóxico do camiño como destino, como ilusión mental, como esperanza e nun xogo de opostos, entender o camiño como unha conquista en cada paso, en cada instante percorrido, en cada pálpito, sen horizontes previstos no tempo, sen metas lonxanas, só a referencia que alberga a conciencia de vivir, a experiencia existencial dos instantes sucesivos.

Esta exposición recolle unha selección de novas creadoras que permiten reconfigurar o evento e transformalo nunha exposición onde a liña argumental estriba na muller e a súa visión plástica do camiño, a súa peregrinaxe individual e o seu particular enfoque colectivo.

Nesta exposición pódese explicar que dunha aventura espiritual que durante séculos estaba protagonizada polo home, trasladámonos a unha lectura profunda da muller respecto do fenómeno histórico da peregrinación, da súa influencia decisiva na literatura, os cantares, os hábitos locales en cada lugar do percorrido, a estrutura familiar que existía neses pobos e parroquias que eran puntos de referencia para o peregrino, a forma de vestir ou de comer, que sen a muller de entón non puIderan existir os principais rasgos que definen cada lugar de parada.

08 Maio 2012
Eventos
Imaxes