Inauguración da exposición colectiva "SON CARIBE", organizada pola Fundación Balms para a Infancia

Eventos
09/26/2023
09/26/2023
26/09/2023

Inauguración da exposición colectiva "SON CARIBE", organizada pola Fundación Balms para a Infancia

"Son caribe" é unha mostra que quere poñer en valor o poder da arte e a cultura como ferramentas sociais transformadoras. Unha viaxe a través da identidade e a cultura caribeñas da man do alumnado de dúas escolas de arte que a Fundación Balms ten situadas en dúas dos barrios máis vulnerables de República Dominicana e Colombia. Unha mostra que fai parada na Casa de Galicia en Madrid cargada de traballo e ilusión.
Poderá contemplarse ata o 7 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 horas.

Esta exposición enmárcase nunha semana cultural que a Fundación organizou durante a cal pretenden trasladar toda esta experiencia de traballo noutros países á comunidade da que nós formamos parte e mostrar esa capacidade da arte para empregarse como ferramenta poderosa para a transformación social.

No marco dun dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que leva a cabo dita Fundación cofinanciado pola Xunta de Galicia como parte da Cooperación Galega, esta exposición recolle unha mostra das obras dos novos artistas das escolas de arte Mauro Lorenzo en República Dominicana e Granitos de Paz en Colombia. A temática céntrase na cultura caribeña e a súa conexión con Galicia. 

A Fundacións Balms para a Infancia leva dúas décadas traballando polos dereitos da infancia máis desfavorecida. Unha das estratexias aplicadas baséase en facelo a través da arte, achegando as disciplinas artísticas a nenos en situación de vulnerabilidade. Coa creación e desenvolvemento das escolas de arte e tempo libre en varias cidades latinoamericanas, pretenden xerar unha cultura artística local á vez que se dota dunha formación alternativa aos nenos destas comunidades que termine influíndo en toda a poboación. 

26 Setembro 2023
Eventos
Participantes
Antonio Herdeiro González-Pousada, presidente da Fundación Balms para a Infancia
Maripaz Galera Romero, membro do Padroado da Fundación Balms para a Infancia
Jorge Martín Losa, membro do Padroado da Fundación Balms para a Infancia