Inauguración da exposición de pintura "Esencia de cores", de CARMEN TOUZA.

Eventos
07/03/2012
07/03/2012
03/07/2012

Inauguración da exposición de pintura "Esencia de cores", de CARMEN TOUZA.

-

Carmen Touza ten a capacidade de vivir a pintura como unha experiencia de búsqueda e coñecemento e a vontade de trasmitila viva e espida, lembrando ao espectador que a súa pintura é pura intensidade, puro gozo da alma e da vista, puro xúbilo, pura irradiación, emoción e vibración. A exposición poderá visitarse ata o 29 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

De formación autodidacta, pero cunha clara vocación pola pintura, en 1965 trasládase a Alemaña, onde vive durante unha década e onde adquire unha sólida formación pictórica.

Alí coñece a Walter Womacka, co que entabla una sólida amizade, realizando con el varios talleres de pintura no seu estudio de Berlín.

Pola súa amizade con Womacka coñece a Gerhard Richter, un dos mellores pintores alemanes do momento, quen a orienta na súa vocación e estilo e a axuda na súa formación. Nos 80 coñece a Walasse Ting, famoso e desaparecido pintor chinés, nacionalizado norteamericano, con quen comparte durante aos unha sólida amizade. Walasse ensínalle os segredos da pintura chinesa, que esta artista galega realiza na actualidade.

De regreso a España, realiza talleres con Modest Cuixart, Guinovart, Eduardo Úrculo, Jaume Ponç e Jaume Coll, ex decano da Facultade de Belas Artes de Barcelona. Compaxina os seus estudos de pintura entre Alemaña e Tenerife onde decide instalarse. Regresa anos máis tarde á súa terra natal, Pontevedra, onde vive e traballa actualmente. Realizou exposicións en Alemaña, Italia, España, Estados Unidos e Portugal, tanto de forma individual como en mostras colectivas.

Das súas exposicións individuais destacan: o Museum of the Americas, de Miami; a Casa dos Gregos, de Braga, ou a Oficina de Turismo de Chaves (Portugal); a galería alemana Art-In the Kleine; a galería de arte Nino Sindoni, de Aciago (Italia) ou o Museo Galego do Xoguete de Allariz, Ourense.

Entre as exposicións colectivas destacan ademais outros importantes destinos como o XII Salón Internacional Aceas en Barcelona, o Art Show de Miami (EEUU), o Art Shopping Carrusel du Louvre, París; ou a Feria Internacional “Puro Arte”, de Vigo.

Nos lenzos de Carmen Touza existe unha notable predilección polos interiores de naturalezas mortas (paisaxes desde a fiestra, floreiros, bodegóns de froitas, mesas cubertas, etc). Nestas obras podemos apreciar unha atmosfera da que se desprende unha intensa vibración cromática, na que se destaca máis o colorido que a forma e o debuxo está ao servizo da color, en abruptos contrastes.

Entre os múltiples contrastes que cohabitan na obra e seguramente na personalidade da pintora, está o do clasicismo e a modernidade. Clasicismo na temática, nos motivos, nas escenas. E modernidade nas formas, nos acabados, nos fondos.

Influencias chinesas: pinturas cargadas de color e forza expresiva, son de corte orientalista e están dedicadas ao famoso artista chinés e amigo da autora, Walasse Ting. Sen vivir a cultura chinesa de cerca, enche os seus cadros de experiencias alleas que ela presenciou a través de relatos furtivos. Fixo unha exposición “Cores perfumadas” que inaugurou no Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense en xullo de 2011. Este pintor chinés, que na súa primeira etapa foi abstraccionista e despois máis figurativo, deixou unha forte pegada en Carmen Touza.

 

03 Xullo 2012
Eventos