Inauguración da exposición de pintura "A VIDA QUE PINTAMOS", de Fernanda Fernández Suárez

Eventos
04/03/2024
04/03/2024
03/04/2024

Inauguración da exposición de pintura "A VIDA QUE PINTAMOS", de Fernanda Fernández Suárez

A mostra poderá visitarse ata o 30 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas de luns a sábados. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Filla de emigrantes galegos, Fernanda Fernández leva toda a súa vida artística expoñendo entre Galicia e Madrid óleos nos que manda a arte figurativo, a realidade mimetizada en pinceladas. A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

FERNANDA FERNÁNDEZ SUÁREZ (Buenos Aires, 1965) iníciase no debuxo en Vigo con nove anos, na Escola de Artes e Oficios. A técnica do carboncillo ensínalle a descubrir nun principio as formas, para estudar posteriormente a cor con pastel e óleo.

En Madrid compatibiliza os seus estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense coa súa paixón pola pintura. A diferenza da cor do paisaxe castelán que agora lle rodea repercute no seu estilo. Tras perfeccionar a súa técnica no estudo de Enrique Sobisch, a súa personalidade como artista ponse de manifesto definitivamente.

En 1990 instálase en Vigo e a súa actividade pictórica non cesa. Expón con éxito en multitude de cidades e galerías.

A súa obra, de exquisita técnica realista, mostra unha procura incansable de perfección, de captar co pincel non só o que o ollo ve. A luz dos seus cadros achega máis que a estación do ano e a hora do día, fala tamén da limpeza do aire do bosque, da densidade do aire industrial, do sal do mar...

A súa visión dos obxectos e das paisaxes ten unha sensibilidade espiritual que descobre o carácter desta pintora.

03 Abril 2024
Eventos
Imaxes