Inauguración da exposición fotográfica "KUMANO E SANTIAGO. CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN"

Eventos
06/05/2023
06/05/2023
05/06/2023

Inauguración da exposición fotográfica "KUMANO E SANTIAGO. CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN"

Fotografías de Tomohiro Muda e Luis Ocaña

O Kumano kodo desenvolve a súa espiritualidade sincrética e purificadora nas terras montañosas das prefecturas de Wakayama, Nara e Mie, mentres que o Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural de Europa, estende a súa tradición e os seus espazos sacros polo Vello Continente. Ambos os itinerarios de peregrinación, declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, se hermanaron en 1998, e desde entón emprenderon unha viaxe común que os relaciona e vincula nunha “peregrinación dual” que se desenvolve en terras tan distantes como unidas na promoción dos valores humanos. 

Os peregrinos xacobeos camiñan desde fai máis de mil anos ata Compostela, a cidade onde se rende culto ao apóstolo Santiago o Maior, e durante o roteiro experimentan un encontro cos seus compañeiros de viaxe, a poboación local e consigo mesmos, inmersos nunha xeografía sacra de natureza e patrimonio. Nun exercicio de paralelismo cultural, os peregrinos de Kumano camiñan ao encontro dos deuses da natureza cara a un confín, pois ese é o significado de Kumano, inmersos en máxicos lindes de bosque e montaña.

O Camiño de Santiago e o roteiro Kumano kodo celebran en 2023 os vinte e cinco anos do seu irmandamento. O desenvolvemento da chamada “peregrinación dual” logra que quen cobre as súas respectivas acreditacións en ambos os camiños poidan obter unha acreditación común a ambos, como peregrinos de Santiago e Kumano.
                                        
Francisco Singul

De luns a sábado
De 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h
Domingos e festivos
De 10:00 a 14:00h
5 de xuño de 2023-31 de xullo de 2023
 

05 Xuño 2023
Eventos
Documentos
Imaxes