Inauguración da exposición "PASADO-PRESENTE-FUTURO" 50 Aniversario 1970-2020 da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón (Lugo)

Eventos
12/05/2023
12/05/2023
05/12/2023

Inauguración da exposición "PASADO-PRESENTE-FUTURO" 50 Aniversario 1970-2020 da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón (Lugo)

Con esta mostra a Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón pretende conmemorar a súa fundación. Son 50 anos de actividade docente e artística, con importantes achegas culturais e sociais e, ao mesmo tempo, queren homenaxear a todas aquelas persoas da comunidade educativa que percorreron a súa aulas e talleres, mostrando anacos do seu pasado e do seu orgulloso presente e proxectándoa cara a un futuro cheo de ilusión e esperanza.  Esta exposición da historia creativa do centro está elaborada polos seus titulados, hoxe profesionais das artes e do deseño, que tras darse a coñecer en Lugo, trasládase en parte á Casa de Galicia en Madrid.

A mostra, que está composta por obras de distinto formato entre as que se atopan pezas cerámicas, gravados calcográficos, serigrafías, deseños gráficos ou de espazos interiores, poderá contemplarse ata o 4 de xaneiro de 2024 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 horas.

No acto de inauguración intervirán Ramón M. Cabarcos Rodríguez, director da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, e Javier Arias Fouz, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

05 Decembro 2023
Eventos
Participantes
Javier Arias Fouz, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Ramón M. Cabarcos Rodríguez, director da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón
Imaxes