Presentación da novela "LOS AMIGOS DEL DOCTOR MARTÍNEZ. El lado amable de la guerra", de Patricia Martínez de Vicente
Baseada no diario do doutor Eduardo Martínez Alonso de 1942, aparecido por sorpresa durante unha mudanza décadas despois, a súa filla Patricia, decide indagar máis a partir destas concisas anotacións privadas. Unha investigación familiar que se vai convertendo en histórica segundo avanza a súa procura nos arquivos británicos, ata redondear o complexo armazón sociopolítico anglo-hispano ocorrido en España, ao cabo de varios anos. É así como Patricia Martínez de Vicente descobre que o seu pai formaba parte do equipo do M16, dedicado aos rescates humanitarios de xudeus e refuxiados fuxindo dos países sometidos ao III Reich ao longo da II Guerra Mundial. Unha secretísima labor humanitario xunto ao Servizo Secreto Británico operando desde a neutral España con quen colaboraba o seu pai de xeito conxunto desde a Embaixada Británica en Madrid a través da Cruz Vermella Española.
PATRICIA MARTÍNEZ DE VICENTE é licenciada en Estudos Latinoamericanos pola Universidade de Portsmouh especializándose en antropoloxía social. En anos sucesivos alternou a súa vida universitaria e laboral entre España, Reino Unido e México, sendo investigadora do Colexio de México entre 1997 e 2000. En 2003 sae publicada a súa primeira obra literaria: Embassy y la Inteligencia de Mambrú, na que recrea o inicio das experiencias vividas polo seu pai co Servizo Secreto dentro das actividades humanitarias que levaron a cabo desde a Embaixada Británica en Madrid na II Guerra Mundial. Tema sobre o que escribiu outras novelas posteriores, artigos e impartido conferencias en varios países.
Acompañarán á autora na presentación: María Concepción Ybarra, profesora titular de Historia Contemporánea da UNED e escritora; e Ángel Jiménez, director do editorial Grupo Éride.