Presentación do libro "40 preguntas y respuestas para entender la maldita crisis", de Ignacio Capeáns Garrido e Carlos Sánchez-Tembleque Ponte

Eventos
02/15/2012
02/15/2012
15/02/2012

Presentación do libro "40 preguntas y respuestas para entender la maldita crisis", de Ignacio Capeáns Garrido e Carlos Sánchez-Tembleque Ponte

-

O mércores, 15 de febreiro, ás 12:30 horas, o xornalista, Ignacio Capeáns Garrido, e o economista, Carlos Sánchez-Tembleque Ponte, presentan o libro "40 preguntas y respuestas para entender la maldita crisis", editado por Teófilo Edicións.

"40 PREGUNTAS Y RESPUESTAS PARA ENTENDER LA MALDITA CRISIS" é unha obra de divulgación económica que da cumpridas respostas a moitas dúbidas que os cidadáns se formulan desde hai uns anos.

Cunha linguaxe sinxela e entendible para todo o mundo, este libro conta as claves dunha crise que tanto está afectando ás nosas vidas, ofrecendo aos lectores unha información útil sen estatísticas, gráficos, nin curvas numéricas de difícil comprensión.

O volume está dividido en catro grandes seccións: a crise económica, a crise financeira, a competitividade, e finaliza con algunhas preguntas clave que nos achegan a conceptos fundamentais da economía.

Diante dos problemas estructurais da nosa economía que destapou a crise, os autores deste libro se amosan na súa exposición críticos e nada compracentes coas decisións dos políticos españois na última década.

O libro, prologado por Carlos Alsina, está firmado por IGNACIO CAPEÁNS GARRIDO, xornalista compostelán que se iniciou e traballou en Antena 3 TV en todos os postos, chegando a ser durante once anos o seu director na Comunidade galega. Desde o ano 2005 dirixe Onda Cero Galicia.

Participou tamén na redacción deste libro, o economista coruñés e MBA polo Instituto de Empresa, CARLOS SÁNCHEZ-TEMBLEQUE PONTE, quen despois de desempeñar cargos directivos en distintas empresas, desde 1986 traballa na Dirección de Planificación en Control de Xestión do Banco Pastor, sendo na actualidade o seu Director de Análise Económica.

15 Febreiro 2012
Eventos