Presentación do libro "Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar Álvarez, publicado por Alvarellos

Eventos
10/23/2019
10/23/2019
23/10/2019

Presentación do libro "Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar Álvarez, publicado por Alvarellos

-

Un roteiro histórico de peregrinaxe por Seoane, Fontecada, A Pereira, Antes, Baíñas e Berdoias é o que inclúe Manuel Vilar Álvarez nesta publicación na que se inclúe plano de lugares e monumentos con 75 reveladoras fotografías.

Participarán, ademais do autor, o presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos; o subdirector do Museo Nacional de Artes Decorativas, Félix de la Fuente Andrés, e o editor, Henrique Alvarellos.

 

A guía Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil (Alvarellos Editora) de Manuel Vilar Álvarez, convídanos a descubrir unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis directo entre Santiago de Compostela e Muxía, escollido desde hai séculos por peregrinos e camiñantes, e que ten como un dos seus emblemas a ponte medieval de Brandomil (a primeira etapa ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía). Un roteiro de 86 quilómetros que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con 75 reveladoras fotografías. Unha guía práctica que nos convida a percorrer con calma natureza e historia, porque, como afirma o autor, "andar os vellos camiños é reclamar o futuro".

MANUEL VIDAL ÁLVAREZ é licenciado en Xeografía e Historia, doutorando en Antropoloxía e Máster en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio. Realizou traballos de campo e publicado artigos e comunicacións relacionados co patrimonio etnográfico e os museos, entre eles, "Ethnographic museums and essentialist representations of Galician identity", en International Journal of Iberian Studies (2008, en coautoría con X. Pereiro).

É autor dos libros Teóricos da Arte (1997), Dicionario Xaquín Lorenzo "Xocas" (2004) e coautor, xunto con X. Mª Lema, da Guía dous Faros da Costa da Morte (2000). En 2009 recibiu o Premio de Investigación "Roteiros Xacobeos" convocado pola Asociación de Cámaras de Comercio por un traballo sobre o Camiño de Fisterra e Muxía.

23 Outubro 2019
Eventos