Sesión solemne de ingreso na Academia Xacobea como Académica de Número de Dª Pilar Falcón

Eventos
03/28/2019
03/28/2019
28/03/2019

Sesión solemne de ingreso na Academia Xacobea como Académica de Número de Dª Pilar Falcón

-

Participarán na devandita Sesión: D. Jesús Palmou, presidente da Academia Xacobea; Dª Josefa Sanz e D. Marcelino Agis, padriños da recipiendaria.

No acto, Pilar Falcón lerá o discurso de ingreso e posteriormente farase entrega de Diplomas e Medallas de Honra a D. Enrique Santín, D. Antonio Fernández de Buján, D. Félix Sanz Roldán e D. José Mª Ballester.

A Academia Xacobea nace co obxectivo de fomentar a investigación, estudo e divulgación do mundo xacobeo na súa vertente científica e artística, que inclúe desde os traballos e ensaios científicos ata a literatura de ficción.

O Camiño de Santiago forma parte dun imaxinario colectivo que interacciona coa propia realidade, como conxunto de símbolos e conceptos que se proxectan sobre a vida cotiá, un denominador común entre as xentes e os pobos que reforza o sentido de comunidade, de patrimonio común e de universalidade, que é o contexto no que nace a Academia Xacobea.

Estes factores, presentes nos postulados da Fundación e a Orde do Camiño de Santiago, motivan a creación da Academia Xacobea como espazo integral de reflexión en defensa da Cultura e ao servizo da sociedade.

Para a consecución dos fins citados, a Academia designa con carácter limitado académicos de Número, Honorarios e Correspondentes, que polo seu prestixio e traxectoria académica ou profesional, coadyuven á posta en marcha de accións divulgativas do fenómeno xacobeo na súa vertente nacional e internacional, fomentado ademais irmandamentos con institucións públicas e privadas que contribúan á súa mellora, actualización e perfeccionamento.

28 Marzo 2019
Eventos
Imaxes