05/03/2026 - 29/03/2026
"40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro"
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición 40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro. A mostra conforma un percorrido polos 40 anos da autonomía da Comunidade a través das caricaturas de Siro López.
Siro leva case unha vida convertendo os fitos políticos máis importantes da Comunidade en viñetas que se publicaron na Voz de Galicia.
A mostra poderá visitarse nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro da Casa de Galicia. De luns a sábado de 10,00h. a 14,00h e de 16,00h a 20,00h. e domingos de 10,00h. a 14,00h.
05 Marzo 2026
-
Exposicións
Sala
Emilia Pardo Bazán - Álvaro Cunqueiro
Precio
Entrada libre