Exposición "aMAR"

Exposicións
04/01/2026
04/30/2026
01/04/2026 - 30/04/2026

Exposición "aMAR"

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición aMAR, xentes do mar de Portosín. Unha colección de imaxes de Lorena do Merlo, que amosa o día a día dos traballadores da confraría de pescadores de Portosín.

“Hai lugares onde o mar non é só horizonte, senón memoria, identidade e sustento. Portos como o de Portosín gardan historias que se contan entre redes, amenceres e mans salgadas.”, Lorena de Merlo, fotógrafa.

A mostra estará aberta dende o 1 de abril, de luns a sábado de 10,00h a 14,00h e de 16,00h a 20,00h e domingos e festivos de 10,00h a 14,00h.

 

01 Abril 2026
-
Exposicións
Sala
Salas Emilia Pardo Bazán - Álvaro Cunqueiro
Precio
Entrada libre
Imaxes