04/05/2026 - 29/05/2026
Exposición "Cantantes líricas Galegas, dos séculos XIX e XX"
A Casa de Galicia en Madrid celebra o mes das letras coa exposición Cantantes líricas Galegas, dos séculos XIX e XX.
Esta mostra, patrocinada pola Secretaría Xeral da Emigración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, fai un percorrido polas voces galegas máis salientables da lírica. A coruñesa Benita Moreno, considerada a introdutora do canto rossiniano na madrileña, abre esta exposición que remata coas irmáns Ángeles Ottein e Ofelia Nieto, sopranos de gran éxito na primeira metade do século pasado.
A mostra permanecerá aberta ata o 29 de maio, de luns a sábado de 10,00h a 14,00h e de 16,00h a 20,00h e domingos de 10,00h a 14,00h. Estes horarios poden sufrir modificacións a causa da actividade da Casa de Galicia en Madrid.
04 Maio 2026
-
Exposicións
Sala
Salas Emilia Pardo Bazán - Álvaro Cunqueiro