Exposición de colaxes "REALIDADES FRAGMENTADAS", de Norberto López Amado

Exposicións
05/06/2024
05/31/2024
06/05/2024 - 31/05/2024

Exposición de colaxes "REALIDADES FRAGMENTADAS", de Norberto López Amado

Esta mostra poderá visitarse desde o 6 ao 31 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Para Norberto López Amado, as colaxes son realidades fragmentadas que lle axudan a meditar, grazas a eles evádese dos seus pensamentos do día a día e deixa saír aqueles que non controla pero que están aí, ao velos terminados sempre lle sorprenden. Unha colaxe non deixa de ser, para este director de cinema e televisión de orixe ourensá, unha nova realidade que xorde de sumar realidades xa existentes que, xuntas crean unha mensaxe diferente ou unha non mensaxe, algo novo, con seguridade.

Comezou a crear colaxes en 2018. Traballaba na preparación dos seus proxectos de cinema e televisión con cadernos, e en moitos deles pegaba fotos, textos e debuxos; moita xente que os vía dicíanlle que parecían cadros e que debería expoñelos. Ao principio non considerou mostralos ao público, pero co paso do tempo, empezou a considerar que tiñan algo de artístico.

Un día decidiu facer libros colaxes polo puro pracer creativo. Pasados os meses, deuse conta de que lle relaxaban e que sacaban cousas del que non sabía nin que tiña. Segundo fóra o seu estado de ánimo, as colaxes eran moi distintos. Son moitos os motivos que se repiten nas súas colaxes: rostros de mulleres cegados, luces, animais, pero por encima de todo a cor ten un enorme protagonismo. 

Esta é a súa primeira exposición a través da cal pretende provocar unha emoción no espectador. Segundo o artista, cada colaxe ten o seu misterio e o seu significado. As colaxes están organizados dunha forma anárquica pero seguen unha orde que vén marcado por un título que os agrupa: "Mujeres voador-as", "Cor-é", "Medi-tar", "Natureza salva-je", "Misteri-ou", "Ángel-é", "Pantasma-s", "Paxaro A-Zul", "Animal-é", "Ollos cerra-dous", "Quen e-res" e "Equitación-ña".

Unha viaxe no que o importante non é só ver senón buscar.

NOTA: As  exposicións da Casa de Galicia poden estar temporalmente pechadas ao público cando nas súas salas están a ter lugar outros eventos que forman parte da súa programación de actos.  

06 Maio 2024
-
Exposicións
Imaxes