Exposición de pintura "As portas de Lugo", de Paco Ascón

Exposicións
07/07/2021
07/30/2021
07/07/2021 - 30/07/2021

Exposición de pintura "As portas de Lugo", de Paco Ascón

O pintor Paco Ascón presenta unha exposición composta por 23 lenzos, que son un monográfico sobre a Muralla de Lugo e as súas portas. Ascón ofrece unha mirada realista e respectuosa sobre esta xoia da arquitectura romana e parte esencial do patrimonio de Lugo.

A mostra, froito de máis de dous anos de traballo cun minucioso e complexo estudo previo das portas da Muralla, poderá visitarse desde o 7 ao 30 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Paco Ascón nace en Barcelona. Apartado dos seus pais polas tráxicas circunstancias derivadas daqueles difíciles momentos de postguerra, a súa educación inicial desenvólvese no seo da familia dos seus tíos. Pronto se aprecia nel un considerable afán por representar nos seus debuxos, de forma autodidacta e animado polos seus profesores, todo o que ve, significando aquilo o inicio dunha vida dedicada á arte. Unha afección que se convertería en algo vital desde os dezaoito anos e, que grazas aos consellos maxistrais dalgúns dos artistas de talla internacional cos que tivo a oportunidade de convivir nos seus talleres, gozando e absorbendo os seus coñecementos, conformaría nel unha base artística sólida e duradeira.

A obra de Paco Ascón percorreu gran parte das salas de exposicións máis prestixiosas do noso país, así como algúns dos certames artísticos internacionais máis importantes, sendo máis de corenta as ocasións nas que a súa obra permaneceu exposta de forma individual, e máis de cincuenta as súas participacións en exposicións colectivas, moitas delas con carácter benéfico, sendo tamén moi frecuente na súa carreira a participación en certames e feiras nacionais e internacionais. Froito desta intensa vida artística é o feito de que distintas institucións públicas e privadas, así como numerosas coleccións particulares, posúan nos seus fondos algunhas das súas obras.

07 Xullo 2021
-
Exposicións
Imaxes