Joaquín Moldes traslada á Casa de Galicia en Madrid a súa "Carreira de fondo"

Exposicións
09/03/2024
09/30/2024
03/09/2024 - 30/09/2024
Exposición de pintura

Joaquín Moldes traslada á Casa de Galicia en Madrid a súa "Carreira de fondo"

O artista comezou a pintar cando lle diagnosticaron de Párkinson

A Casa de Galicia en Madrid acolle durante o mes de setembro a exposición de pintura de Joaquín Moldes González. O artista natural de Sanxenxo e afincado en Punxín, Ourense, comezou a súa traxectoria artística hai tan só dous anos e tras ser diagnosticado de Párkinson. Este diagóstico resultou ser un inesperado impulso á súa carreira como artista, xa que Joaquín serviuse da pintura para exercitar e mellorar a súa destreza manual. 

A exposición estará aberta desde o martes 3 ata o luns 30 de setembro. Pode visitarse de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os domingos e festivos estará aberta de 10:00 a 14:00 horas. 

 

03 Setembro 2024
-
Exposicións
Imaxes