'pescARTE', exposición de artes de pesca en miniatura
A exposición 'pescARTE' xunta na Casa de Galicia reproducións en miniatura das artes de pesca coas que as mulleres e homes da nosa terra fixeron e fan a súa vida no mar.
Elaboradas polo patrón maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, José Manuel Rosas Otero, estas pezas constitúen toda unha lección sobre as formas de captura dos peixes e mariscos de Galicia.
Esta mostra está instalada na Sala Emilia Pardo Bazán e pódese visitar de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas. Este horario pode sufrir modificacións a causa da actividade da Casa de Galicia.
Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.
Para máis información: 91 595 42 00