Proximamente, "Galicia, un latexo máis"

Exposicións
07/30/2026
07/30/2026
30/07/2026

Proximamente, "Galicia, un latexo máis"

Viaxar a Galicia constitúe unha experiencia emocional, unha procura de sensacións na que está sempre presente a natureza. O peregrino fai o Camiño de Santiago buscando unha conexión espiritual cun mesmo, e mentres se camiña descóbrense as mutacións e os cambios da paisaxe galega de forma repousada, do mesmo xeito que se perciben os cambios que imos advertindo no noso interior. 
Pola súa banda, as actividades de turismo activo tamén buscan no contacto coa natureza, e na aprendizaxe e goce respectuoso da contorna acompañada de profesionais, a base dunha experiencia diferencial. A infinita paisaxe galega, coas súas máis de 1500 quilómetros de costa, os seus ríos e canóns ou os seus montes, ofrece múltiples posibilidades de gozar da natureza, xa sexa en actividades en contornas acuáticas ou terrestres. 
A exposición Galicia, un latexo máis ofrece un achegamento á viaxe a Galicia como unha experiencia activa, na que o corazón latexa máis forte polo que se ve, pero tamén polo que se vive, e por como se vive. 
    
 

30 Xullo 2026
Exposicións
Imaxes