Inaugúrase a exposición de pintura "As portas de Lugo", do pintor Paco Ascón

Notas de prensa
07/07/2021
07/07/2021
07/07/2021

Inaugúrase a exposición de pintura "As portas de Lugo", do pintor Paco Ascón

Onte, 6 de xullo de 2021, inaugurouse na Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España, con limitación de aforo en seguimento do protocolo de actuación ante o covid, a exposición de pintura “As PUERTAS DE LUGO”, do artista Paco Ascón, nacido en Barcelona e afincado en Ourense desde os 18 anos, na actualidade no lugar de Xares, cume de Galicia. É o segundo proxecto pictórico que presenta nesta Casa, pois xa en decembro de 2002 realizou nas súas instalacións unha exposición sobre o Camiño de Santiago. Non deixan de ser, en realidade, estas Puertas, como observou o Coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, nas súas palabras de presentación da mostra, “camiños tamén, neste caso de entrada a esa xoia bimilenaria da arquitectura romana que é a muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade”. “As portas como camiño e tamén como protección -seguiu dicindo- dese sanctasanctórum que é todo interior reservado e secreto ao que só teñen acceso as persoas ás que se concede ese privilexio. A porta como obxecto máxico e misterioso que separa cun simple movemento da súa folla o interior do exterior. Esta exclusión do termo medio apréciase con maior claridade nas murallas antigas: estar dentro ou fóra, ser ou non dos nosos”. Ao que engadiu que “Paco Ascón as pinta nos seus cadros desde o interior e desde o exterior. E sempre abertas, co que deixa patente a hospitalidade da actual cidade de Lugo, cuxo pasado pertence xa ao mito, á Historia e á imaxinación”.

Trátase de las portas de San Pedro, a do bispo Izquierdo, a do bispo Aguirre, a de Santiago, a do bispo Odoario, a Nova, a de San Fernando, a Falsa, a da Estación e a da Antiga Estación. Todas elas veñen acompañadas duns amplos textos explicativos a modo de cartelas que fan que a exposición sexa sumamente didáctica. E é que Paco Ascón coida a conciencia todos os detalles. Como a conciencia traballa os seus cadros. Primeiro fai un estudo detido da obra que se propón acometer, sobre o terreo prepara apuntamentos e anotacións para logo, no seu estudo, sobre esa base de debuxos previos, pasar a aplicar a cor e os seus matices.

Ademais destas portas, que colgamos na sala chamada A, na contigua, a B, Paco Ascón ofrece outros cadros cunha miscelánea de temas, todos igualmente minuciosos e representativos da súa visión da Galicia de hoxe e, por suposto, do seu bo facer, un oficio acreditado ao longo da súa recoñecida traxectoria artística. O acto terminó cunhas palabras de agradecemento do pintor, a Galicia e á Casa de Galicia en Madrid, que novamente lle acolle, así como declarou a vocación itinerante da exposición, que despois de permanec er durante máis de tres meses no Museo Interactivo da Historia de Lugo, recala agora en Madrid para continuar posteriormente a súa viaxe a Cataluña, sen que poida precisarse aínda o seu lugar de destino.

A exposición poderá visitarse na Casa de Galicia en Madrid ata o 30 do presente mes de xullo.

 

07 Xullo 2021
Notas de prensa
Imaxes