Como cada primavera, Galicia convértese nun incomparable escaparate dos seus mellores viños coa celebración da ‘Primavera de Puertas Abertas nos Roteiros dos Viños de Galicia’, unha cita ineludible entre os amantes do bo viño e as 59 adegas das 5 Denominacións de Orixe dos Viños de Galicia que participan na edición de 2026. Unha iniciativa de Turismo de Galicia e a Asociación dos Roteiros dos Viños de Galicia que pon ao dispor do público un completo programa de actividades de enoturismo, gastronomía e lecer nos 5 territorios vitivinícolas da comunidade autónoma.
Desde o 8 de maio, e durante as fins de semana de maio e o primeiro de xuño, ofrécense visitas guiadas gratuítas ás adegas participantes na promoción, con degustación dos mellores viños de cada denominación, menús especialmente preparados para a ocasión polos restaurantes asociados, e noitadas en calquera dos 19 aloxamentos (casas rurais, hoteis e Paradores de Turismo) participantes nesta Primavera de Puertas Abertas.
En cada Roteiro poderase desfrutar alén dun programa especial de actividades para a fin de semana: catas comentadas e catas a cegas, talleres de maridaxe, talleres de fotografía, visitas a pazos e museos, visitas culturais, roteiros polo Camiño de Santiago, roteiros de montaña e visitas a parques naturais, paseos en barca polo río Miño, concertos nocturnos ao aire libre e outras actividades de boa maridaxe co mundo do viño.
Ademais, para que os asistentes poidan abandonarse ao desfrute das actividades programadas sen preocuparse polos traslados en coche, todos os roteiros contarán cos Buses do viño, un servizo de transporte con guía turístico para poder chegar ás adegas e desprazarse ás actividades ofertadas. O Bus do Viño estará activo durante todo a xornada e contará con saídas desde as principais cidades galegas.
As visitas guiadas ás adegas faranse en tres quendas os sábados e un o domingo, co seguinte horario:
Sábado: 11.00 h, 12.30 h e 17.00 h
Domingo: 12.00 h
*Recoméndase confirmar a visita telefonicamente coa adega elixida
CALENDARIO E PROGRAMAS
Roteiro do Viño de Monterrei – do 8 ao 10 de maio (Programa completo)
Roteiro do Viño de Valdeorras – do 15 ao 17 de maio (Programa completo)
Roteiro do Viño de Rías Baixas – do 22 ao 24 de maio (Programa completo)
Roteiro do Viño de Ribeira Sacra – do 29 ao 31 de maio (Programa completo)
Roteiro do Viño de Ribeiro – do 5 ao 7 de xuño (Programa completo)
Sorteo de estancias e comidas nas redes de Turismo de Galicia
Con motivo da Primavera de Puertas Abertas no Roteiro dos Viños de Galicia, Turismo de Galicia celebrará nas súas redes sociais 3 concursos por cada unha das 5 denominacións de orixe, nos que se sortearán un total de 15 premios dunha noite de aloxamento para dúas persoas e a comida do día seguinte nalgún dos establecementos participantes asociados ao Roteiro correspondente.
FOLLETO 'PRIMAVERA DE PUERTAS ABERTAS DOS VIÑOS DE GALICIA 2026'