Notas de prensa
A Acción Europea "Cost Water_2020" reúne a científicos do ámbito do tratamento de augas residuais procedentes de 32 países que traballan no desenvolvemento tecnolóxico, a recuperación de recursos, a avaliación de impactos económicos e ambientais e de modelado e control de procesos.
O conferenciante foi presentado por Antonio Villalba e en representanción do delegado da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, José Ramón Ónega, dió a benvida aos asistentes a coordinadora de Actividades Económicas da Casa, Ana Rodríguez. Entre o público achábase o coordinador de Asuntos Internacionais da Embaixada de Portugal en España, Tiago Coelho.
Fernández Suárez explicou que o "Campus do Mar" "é a agregación das tres universidades de Galicia (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo), o Consello Superior de Investigacións Científicas, o Instituto Español de Oceanografía, as…
La asamblea se desarrolló según el orden del día previsto: se leyó y aprobó el acta de la asamblea anterior, se escucharon los informes del presidente y del tesorero y se renovaron los cargos de su Junta Directiva conforme a lo establecido en el artículo 15 de sus Estatutos (presidente, dos vicepresidentes, tesorero, vicesecretario y cuatro vocales), se escuchó el programa del nuevo presidente y se cerró con el turno de ruegos y preguntas.
El nuevo presidente se refirió en la presentación de su programa a la presencia de la asociación, su transparencia y compromiso, a la organización de la…
Na presentación interviñeron, ademais do autor, o Coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, e o editor Francisco Rodríguez.
Nas súas palabras, Jiménez lembrou que Araguas é doutor en Filoloxía Inglesa e natural de Xuvia-Neda, provincia da Coruña, "autor tan querido nesta Casa, na que interveu en numerosas e diversas ocasións", e destacou de entre elas "as sesións de poesía galega que coordinou nesta mesma sala ao longo de varios Ciclos memorables". Sinalou tamén que Vicente escribe en…
"Convíñanos moito programar esta conferencia precisamente nesta semana, e así o acordei con Siro hai case un ano", dixo o Coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, na presentación que fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, e engadiu que "coñecendo a brillante traxectoria profesional e persoal do noso invitado desta noite, calculei que dificilmente podiamos atopar a ninguén mellor que el que puidese protagonizar nosa particular celebración cervantina".
O conferenciante sinalou que "sen dúbida Cervantes foi un home singular e estraño, rodeado…
Entre o numeroso público que acudiu ao acto achábanse o director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal, o director xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Cristóbal Valdés, os membros da Comisión de Dereitos Civís e Participación do CGCEE, entre os que se atopa o anterior presidente do Consello, Francisco Ruiz, o presidente da Comisión, Angel Capellán, outros responsables e exresponsables no ámbito da emigración e funcionarios dos ministerios de Emprego e Seguridade Social e de Asuntos Exteriores.
Ónega destacou a senlleira representación do colectivo de…
María Vitoria Veguín achegou estas suxestións na conferencia "A Vía Láctea e o camiño de Santiago" que pronunciou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, baseada no libro do que é autora libro "La Vía Láctea. Camino de dioses, almas y peregrinos", á que asistiron máis dun centenar de persoas, pois o Camiño é un tema que esperta sempre moito interese, especialmente entre os membros da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.
A presentación da relatora realizouna o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez Pérez e nela lembrou que Veguín…
No acto interviñeron tamén o presidente do Consello de Estado José Manuel Romay Beccaría; a conselleira do Mar da Xunta, Rosa Quintana Carballo; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López; a propia ponente, Covadonga Salgado Blanco, directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR); y o director-coordinador do Ciclo, Antonio Villalba García, investigador do Centro de Investigacións Mariñas, da Xunta en Vilanova de Arousa.
Tamén repasou as funcións do INTECMAR para a supervisión da calidade do medio mariño e a…
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, foi o encargado de realizar a presentación da relatora, e da súa traxectoria destacou que Elena Mercedes Pérez-Monserrat é doutora en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid e ademais traballa no grupo de investigación Petroloxía Aplicada á Conservación do Patrimonio do Instituto de Xeociencias IGEO, centro mixto de investigación pertencente ao CSIC e á UCM. "Os artistas son os que bautizan as cidades. Os arquitectos póñenas en pedra porque a súa obra é case eterna", dixo Ónega citando a…
O acto foi presentado polo presidente do Ente Público Portos do Estado, José Llorca Ortega; o presidente do Ente Público Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida; o presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas e representante da Rede Europea NEA, Manuel Soliño Bermúdez, e o delegado dá Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.
"A ministra (de Fomento, Ana Pastor) quere manifestar o apoio do Ministerio a unha iniciativa que vai desenvolver riqueza e emprego en Galicia", destacou o presidente do Ente Público Portos do Estado, José Llorca…