Notas de prensa

O acto foi introducido polo xerente de Aegama, José Cerdeira, que o enmarcou na programación habitual da Asociación para dar a coñecer entre os seus membros a actividade dos seus asociados. As conferenciantes foron presentadas por Jesús Alonso Segoviano, presidente de honra de Coaching Lyskam, empresa asociada en Aegama, quen alertou da necesidade dun cambio de mentalidade empresarial que axunte a visión local e global e o sentido común co coñecemento. Finalmente, o acto foi clausurado polo vicepresidente de Aegama para Pemes, Casimiro Masager. A conferencia de Algarrada tivo como puntos…
A XUNTA INCREMENTA NUN 10% O ORZAMENTO PARA APOIAR O TRABALLO DOS CONSELLOS REGULADORES DE VIÑO DE GALICIA   A Xunta aposta polo fomento e promoción do viño galego, como sector estratéxico para a Administración autonómica, cun incremento do orzamento destinado a consellos reguladores vitivinícolas dun 10%. Ademais, o Goberno galego está dedicando máis esforzos á investigación en materia de calidade agroalimentaria, tamén no que atinxe a este eido do viño. Así o destacou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, esta tarde en Madrid, na presentación da “Guía de vinos,…
Jiménez lembrou nas súas palabras que Pepa Nieto ten "vocación de artista total, pois á súa condición de poeta de recoñecido prestixio, con numerosos libros de calidade (algúns dos cales se presentaron nesta mesma sala) debe engadirse a súa faceta, non menos importante, de escultora de exquisita sensibilidade". Sinalou ademais que Pepa Nieto é xa "un nome de referencia na vida cultural madrileña, á que vén achegando desde hai anos o faladoiro Arco poético, polo que van pasando aos poucos as mellores voces da lírica que podamos atopar". Para o coordinador, Nacer del fuego "é un poemario…
Interviñeron no acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o presidente da Confederación Empresarial de Madrid (Ceim), Juan Pablo Lázaro Montero de Espinosa, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, o presidente de Aegama, Julio Lage González, o presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro Gómez, a directora da Oficina do Plan de Reindustrialización de Ferrolterra, Natalia Barros Sánchez, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño Anca. José Ramón Ónega, en tanto que anfitrión, deu a benvida aos…
A Casa de Galicia/Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde o acto de presentación no que interviñeron, en primeiro lugar o coordinador de Actividades, Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega; seguido do presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada; o crítico literario e poeta Vicente Araguas; o poeta e xestor cultural Antonino Nieto; e o propio autor, Francisco Álvarez "Koki". Nas súas palabras, Rodríguez Cañada sinalou que o autor "fusiona os recordos e remembranzas da adolescencia e primeira mocidade en terras…
Jiménez sinalou que "José María Prado dinos de entrada que o seu corazón é galego e a súa alma castelá, e que dedica esta exposición que hoxe presentamos as marabillosas e alegres cores da terra galega, as súas xentes e a súa unión co mar". Engadiu ademais que "desde logo, está claro que José María é un home profundamente inquieto polo interior, xa sexa o corazón, a alma e a memoria que aniña nela, ou calquera outra parte nosa, e que se vale do instrumento do seu pincel para indagar en misteriosas profundidades que logo nos ofrece amalgamadas en explosións de cor a fin de que nós as…
En representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, os conferenciantes foron presentados polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen valorou que a conferencia ofrecía unha temática “moi apropiada para as datas nas que estamos, en que nenos e nenas soñan coa ilusión posta nos tres Reyes Meigos”, e que resaltou sería “´concelebrada´ por tres conferenciantes de recoñecido prestixio”. Falcón, impulsora do acto, presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid e experta na prensa do corazón, é autora de,…
No acto interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o vicepresidente executivo da Orde, Alejandro Rubín Carballo, o embaixador homenaxeado e o presidente e gran maestre da Orde e presidente do Foro Universitario Europeo Reyes Católicos, Manuel Pampin Rúa. Na mesa tamén estaba o secretario xeral da Orde, Alfonso Barcia Raposo, e entre o público figuraban o embaixador da República Dominicana, Aníbal de Castro; a viceconsejera de Políticas Sociais e Familia da Comunidad de Madrid, Belén Prado Sanjurjo, o secretario da Embaixada…
A presentación de Batital correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez e nas súas palabras lembrou algúns dos fitos máis relevantes desta formación que naceu en Lugo en 2007 "da ilusión de varios afeccionados á música con experiencia en distintas agrupacións". Batital compuxo a canción do vídeo musical I´m from Lugo, que se presentou na Casa, en maio do pasado ano, un ambicioso proxecto gravado coas voces de Lucía Pérez, Noemí Mazoy, Alba Messa e Pilocha Martínez, entre outras artistas relevantes e no que participaron máis de 1000 lucenses. Máis recentemente, Batital…
A reunión contou cunha trintena de participantes, representantes dos parques tecnolóxicos de toda España, da propia APTE e das entidades que participaron no desenvolvemento do programa de traballo. A xornada comezou cunha sesión de formación sobre “crowdfunding” -financiamento por subscrición- a cargo do presidente da Asociación Española de Crowdfunding, Daniel Oliver, á que seguiu a presentación das posibilidades que ofrece aos asociados o acordo APTE-Cajamar, por parte do director de Negocio da Dirección Territorial Centro, José Antonio Guerrero García, unha sesión sobre participación…