Notas de prensa
Esta edición da credencial, promocionada por Lugo Monumental, conta co patrocinio de La Voz de Galicia, autorizado excepcionalmente para a ocasión polo Cabildo da Catedral de Santiago, e coa colaboración do artista lucense Chencho Pardo, deseñador do documento, e do Bispado de Lugo. Os beneficios estarán destinados integramente a Cáritas Lugo. O documento servirá como credencial para alcanzar a Compostela.
Ónega, lucense e anfitrión do acto, deu a benvida a participantes e asistentes, tivo palabras de recordo e eloxiou para as cidades de Lugo, onde estudou o Bacharelato, e de Santiago de…
A presentación do acto realizouna o coordinador de Actividades Culturais Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega.
Jiménez explicou nas súas palabras que o bodegón, era un xénero considerado "menor" dentro das categorías da pintura, pero que en España gozou de gran importancia porque soubo adaptarse perfectamente á nosa estética pictórica, que se caracterizada por "a sobriedade, a austeridade, e a énfase no real, no cru, no directo".
Pola súa banda, o profesor Diz, que apoiou as súas explicacións coa proxección de ilustrativas imaxes, foi…
Para Ónega, "este é un libro importante, imprescindible e moi documentado que vén encher un oco que existía ata agora. É un traballo que condensa o esforzo, o paso, a vida, o xenio dos galegos en Madrid". En relación ao autor achegou os datos máis relevantes da súa traxectoria profesional. Aparisi é enxeñeiro de Telecomunicacións, académico correspondente da Real Academia da Historia, e membro numerario do Instituto de Estudos Madrileños.
Bonet Correa destacou nas súas palabras "a beleza" da arquitectura que deixaron en Madrid os galegos e fixo unha reflexión sobre "a ampla e importante…
Jiménez lembrou que Yolanda López xa presentou hai un ano na Casa o que entón era o seu último libro, o premiado "Tántalo", escrito en galego, e observou que nesta ocasión o poemario está en castelán. Tamén resaltou que a autora recibiu numerosos premios literarios.
"Con versos contundentes, de exquisita limpeza e autenticidade, nun libro composto por un conxunto de poemas curtos que poderiamos cualificar dun só poema desde o seu comezo ata o final, e cunha linguaxe extremadamente coidado, Yolanda López vainos aproximando ao seu mundo, un mundo íntimo, reflexivo e profundo, no que nos…
Interviñeron na inauguración o propio artista e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. Jiménez referiuse “á inmensidade da exposición que nos rodea”, que atopou “inabarcable, rotunda, impresionante”, tanto nas técnicas empregadas como nos temas tratados, entre os que destacou “a sensualidade das figuras reflectidas nas súas obras”. “A extraordinaria pintura de Omar foi xa obxecto de numerosos estudos polos expertos, pois a ninguén deixa…
O acto de inauguración correu a cargo do coordinador de Actividades da institución, Ramón Jiménez Pérez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López.
"O primeiro que chama a atención nesta mostra é o soporte usado pola artista, que é a peza denominada exactamente colo da camisa", sinalou o presentador nas súas palabras. "Imaxinativa, poética e evocadora", son os cualificativos elixidos para definir "esta intervención artística tan orixinal".
Noutro momento da súa intervención Jiménez evocou á artista neoyorkina Alison Moritsugu cando utiliza "os…
No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, interviñeron o editor Francisco Rodríguez Igrexas; o xornalista e escritor Carlos González Reigosa; e o propio autor, Afonso Eiré López.
Para Ónega, “a obra de Eiré cumpre o que Massillon esixía a todo libro: a conveniencia de meditar despois de lelo”. E engadiu que “O Piloto, el último guerrillero” é parte da nosa historia. Coñecer a historia é coñecernos a nós mesmos: o que somos e o que fomos”, dixo.
Pola súa banda, o editor Francisco Rodríguez Iglesias centrou as súas palabras na estancia…
No acto interviñeron: o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez Pérez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da casa José Ramón Ónega López; o presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada; a cantante sefardí e prologuista do libro, Julia León Conde; a profesora e tradutora do libro, Rosalía Castiñeira Quintans; o xornalista e escritor, Rafael Permuy López; e a propia autora, Rosa María Milleiro.
Jiménez lembrou que de Milleiro presentamos hai xa dous anos outro libro nesta mesma Sala, o titulado Acariñei o fresno, tamén editado por…
Jiménez referiuse a Araguas como “un auténtico todoterreo da literatura” e sinalou que “é coñecido desde fai máis de vinte anos nesta Casa sobre todo polo seu quefacer poético” pois coordinou nela ciclos sobre poetas galegos, ademais de presentar a outros escritores así como outros libros seus. Lembrou que Alfonso S. Palomares foi o anterior director da Casa, “entrañable amigo que creou o concepto de Casa habitada ao pensar nas moitas presenzas artísticas que nos rodean”, e felicitou a Lidia López “pola súa valentía ao apostar por un libro de relatos curtos”, xénero do que opina que non ten…
Na presentación interviñeron García Negro, a tamén coautora Marica Campo, o escritor Vicente Araguas, a presidenta da Asociación de mulleres galegas e non galegas non exterior Rosalía de Castro, Marisa Rita Vázquez Barquero, o editor Herique Alvarellos e, en representación do delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega, Ramón Jiménez, coordinador de Actividades Culturais da Casa.
Jiménez lembrou que García Negro é “unha especialista na cantora do Sar, de feito xa nos falou noutra ocasión nesta Casa sobre ´El caballero de las botas azules´, unha das súas novelas, pois aínda que moita…