Notas de prensa

Na presentación, que tivo lugar esta tarde, interviñeron o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Juan Gil Araujo, a directora xeral de Turismo, Nava Castro González, a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Pastora Asián González, que pechou o acto, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López. Entre os asistentes ao acto estaban a directora da Escola Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández Vázquez, o presidente da Fundación Segundo Gil Dávila, de Arbo, Antonio Vieitez, e membros da corporación municipal de Arbo…
Na presentación, que tivo lugar esta tarde, interviñeron o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Juan Gil Araujo, a directora xeral de Turismo, Nava Castro González, a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Pastora Asián González, que pechou o acto, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López. Entre os asistentes ao acto estaban a directora da Escola Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández Vázquez, o presidente da Fundación Segundo Gil Dávila, de Arbo, Antonio Vieitez, e membros da corporación municipal de Arbo…
O acto abriuse coa intervención do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, ao que seguiron no uso da palabra Villalba e Labarta. Ónega resaltou o interese e a importancia que para Galicia ten o mar –"Galicia é país bendicido polo mar"-, onde, lembrou, é un referente con numerosos campos de investigación e "cobre aspectos de gran relevancia, tanto naturais como económicos, sociais, de investigación e un longo etcétera", convidando a coñecer os seus "segredos e vangardas" nas intervencións que terán lugar na Casa de Galicia. Villalba…
O artista e a mostra foron presentadas polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, quen apreciou que Vila “é un artista que crea un mundo insólito de personaxes e situacións, un mundo cheo de encanto pero que, á vez, impresiona”, que “colle a materia e transfórmaa, vólvea humana”, que “a madeira nas súas mans é poesía” e que Vila “copia a realidade pero matízaa e a chea de expresividade”. “Estamos ante unha obra de magnitude creativa, de altura, de inspiración”, mantivo. Vila explicou a vinculación da súa obra coa natureza e con…
Jiménez lembrou que Nöis xa expuxo na Casa fai unha decena de anos, de tal modo que se pode captar a puxanza e evolución da súa obra, que ela mesma denomina como "varias series de abstraccións dinámicas". Apréciase claramente "como flúen os distintos ritmos da pintura de Nöis, quizá axude a iso o feito de que pinte descalza ao ritmo da música e de que os seus pinceis bailen tamén", dixo, e citando ao Principiño sinalou que o esencial é invisible aos ollos, e o que en realidade fai cando baila ante o lenzo é "un striptease da alma, unha cerimonia mediante a cal se desposúe de todas as súas…
Ónega abriu o acto cun saúdo inicial e seguíronlle no uso da palabra o presidente de Cátedra Chinesa e decano dos empresarios españois en China, Marcelo Muñoz Álvarez, e o embaixador Lyu Fan, así como un grupo de membros do Claustro Senior, aos que deu paso o vicepresidente da asociación e avogado coruñés Víctor Cortizo, consultor de mercado chinés. O delegado da Xunta de Galicia en Madrid resaltou a amizade e o afecto que unen a España e China así como o intenso comercio que a nutrida colonia chinesa afincada en España desenvolve no país e especialmente en Madrid. “No noso país, a…
Jiménez explicou nas súas palabras, que se trata dun libro dirixido ao público infantil e xuvenil e co que ademais se pecha unha serie de 11 libros de contos de mitoloxía. Neste, dedicado á mitoloxía celta, inclúense dous localizados en Galicia. O primeiro sobre a famosa lenda dos mouros, e o outro sobre a sirena da liñaxe dos Mariños. Ademais, a obra inclúe un apéndice didáctico titulado Aproximación ao mundo celta. Pola súa banda, José María de la Torre, sinalou que esta Colección Alba y Mayo Narrativa vai dirixida a "nenos e mozos que len intelixentemente", tal e como figura no…
Ao acto tamén asistiron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, e nel a conselleira destacou a importancia desta colaboración. A través dela, lembrou, “búscase acadar o óptimo grao de adecuación dos fondos europeos que a Unión Europea destina ao sector pesqueiro ás finalidades que perseguen estas achegas”. Polo tanto, engadiu Rosa Quintana, “facilitará unha maior exactitude na valoración e no seguimento dos proxectos e garantirá un maior grao de correspondencia entre as…
A XUNTA INCREMENTA NUN 10% O ORZAMENTO PARA APOIAR O TRABALLO DOS CONSELLOS REGULADORES DE VIÑO DE GALICIA   A Xunta aposta polo fomento e promoción do viño galego, como sector estratéxico para a Administración autonómica, cun incremento do orzamento destinado a consellos reguladores vitivinícolas dun 10%. Ademais, o Goberno galego está dedicando máis esforzos á investigación en materia de calidade agroalimentaria, tamén no que atinxe a este eido do viño. Así o destacou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, esta tarde en Madrid, na presentación da “Guía de vinos,…
Ónega declarou a súa admiración por Mondoñedo, ao que cualificou de “un símbolo, unha referencia, un amor” e lembrou algúns dos seus lugares emblemáticos e dos seus fillos ilustres. Tamén Romay enxalzou a importancia da cidade, da que dixo que lle lembraba á súa Betanzos natal, coa que comparte algunhas das súas peculiaridades: foi capital do antigo Reino de Galicia, teñen importantes centros históricos, festas locais e belezas naturais, das que destacou no caso de Mondoñedo a súa afamada Cova do Rei Cintolo así como a beleza de toda a comarca da Mariña lucense. A alcaldesa referiuse aos…