Conferencia "Camiño e discapacidade, ilusión, emoción e superación", por Antonio Álvarez Badillo

Eventos
11/22/2023
11/22/2023
22/11/2023

Conferencia "Camiño e discapacidade, ilusión, emoción e superación", por Antonio Álvarez Badillo

Este relatorio enmárcase dentro do "SEMINARIO CIMADEVILA COVELO DE ESTUDOS XACOBEOS", que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

ANTONIO ÁLVAREZ BADILLO é Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Dereito pola Universidade Alfonso X O Sabio. Especialista en “Medicina Física e Rehabilitación”. Hospital Clínico “San Carlos”; en “Hidrología Médica”. Escola Profesional de Hidrología Médica e en Logopedia pola Universidade Autónoma de Barcelona. Diplomado en Medicina de Empresa pola Escola Nacional de Medicina do Traballo-Ministerio de Sanidade; Diplomado en Puericultura pola Escola Nacional de Puericultura e Técnico Ortopédico polo MEC.

Méritos Xacobeos 

-Camiño de Santiago (itinerario completo Madrid-Santiago en 2018 e 2022)
-Camiño de Santiago (itinerario Sarria-Santiago en 2013)
-Camiño de Santiago (itinerario Fisterra-Santiago en 2014)
-Camiño Lebaniego (2017 e 2023)
-Camiño do Norte (itinerario Ribadeo-Santiago en 2023)
-Camiño de Santiago AACSM (itinerario da vía Tolosana 2023 desde Oloron St. Marie)
-Vogal da Xunta Directiva da  Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Madrid
-Asesor-Informador sobre o Camiño de Santiago na sede da AACSM

A Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid organiza na Casa de Galicia en Madrid o ‘Seminario Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos’, que se creou en 2001 como homenaxe ao ilustre galego do que tomou o nome, José Antonio Cimadevila Covelo, que presidiu o Centro Galego de Madrid e tamén a Asociación desde 1987 data da súa fundación. Neste seminario a Asociación reúne a estudiosos e personalidades que achegan unha mirada fundamental ao complexo fenómeno xacobeo.

Esta asociación naceu para ser en Madrid lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e a diversa realidade creada polo fenómeno da peregrinación e está aberta a cuantos ámbitos de coñecemento poidan axudar no estudo do Camiño e a peregrinación a Compostela, entre outros os da historia, a arte, a xeografía, a filosofía, a lexislación, a enxeñería ou a socioloxía.

22 Novembro 2023
Eventos
Participantes
Antonio Álvarez Badillo
Imaxes