Notas de prensa
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da primeira novela dun ciclo que ten como protagonista a Xan Borrasca, un heroe pouco convencional: hemipléxico, corentón, temeroso e detective do oculto cun escuro pasado, cuxo autor é Miguel Salas.
A novela, ambientada na Costa ártabra (ría de Ferrol) onde os invernos non terminan nunca, móvese entre a novela negra, a fantasía e o terror. Unha combinación de xéneros que resultará atractiva para o lector. Novela dura, pero con sentido do humor que inclúe unha trama amorosa e elementos fantásticos.
O…
O director da Casa de Galicia en Madrid participou na segunda das conferencias enmarcadas no ciclo, coordinado polo arquitecto Domingo de Famara, e que leva por título: “Amor: a muller no camiño de peregrinación”.
Esta Mesa Redonda, que se iniciou o 25 de outubro, contou nesta ocasión coa participación de María Carretero e Fray D. José María Alonso del Val.
A artista María Carretero, falou da conexión do camiño entre Galicia e Cantabria, desde o punto de vista da escultura, facendo especial referencia á súa obra “HOMENAXE AO PEREGRINO” 1993-1996, que se pode ver na Vila de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, asistiu á entrega de premios da Fundación Vítima do terrorismo (FVT) celebrada no auditorio da Fundación Mutua Madrileña, en Madrid.
Asistiron, entre outros, o Defensor do Pobo, Angel Gabilondo, altos cargos dos ministerios de Interior e Educación e representantes dos grupos parlamentarios.
O presidente da FVT, Tomás Caballero, entregou os premios anuais da Fundación, que cumpriu a súa vixésima edición, na que foron premiados, a Unidade Central de Desactivación de Explosivos (TEDAX-NRBQ) da Policía…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no encontro que a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo en Madrid no encontro “lOS ALMUERZOS DE AEGAMA”, organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid.
Durante a súa intervención, Lorenzana destacou que a Xunta traballa para converter Galicia nun polo de emprendemento industrial capaz de atraer investimentos garantindo as máximas facilidades na tramitación. Neste ámbito, destacou a próxima posta en marcha da Oficina Económica de Galicia, que funcionará como única canle…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu Antonio Troncoso: "ANTONIO PALACIOS RAMILO, ARQUITECTO. Descrición persoal, o que puido ser e non foi".
Acompañaron ao conferenciante: Horacio Rico Rodríguez, presidente de FAGAMA; e Fernando Gómez, presidente da Xuntanza de Alcobendas.
Antonio Troncoso é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi relator e profesor en diversos simposios e publicou numerosas obras e artigos sobre Dereito. Foi profesor de Xeografía Turística.
O conferenciante centrouse…
Acompañaron á escritora durante a presentación do libro: o Dr. Fernando Díez Moreno, vicepresidente da Fundación Tomás Moro, que presidiu a mesa; o Coronel D. José Pardo de Santayana e Gómez de Olea, presidente da Fundación Tomás Moro; o Dr. Pablo González-Pola da Granja, profesor, historiador e escritor; José Luís Nieto Aranda, poeta e escritor; e Nava Castro, alcaldesa do concello de Ponteareas.
Esther Sestelo é Doutora en Musicoloxía, Licenciada en Historia e Ciencias da Música. Con varios títulos de Profesor Superior de Conservatorio, é Funcionaria de Carreira ao Corpo de Profesores de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición “PASADO-PRESENTE-FUTURO” co que se celebra o 50 aniversario da Escola de arte Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo.
Na exposición, participou tamén, o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias que agradeceu o labor do equipo directivo da escola, co director Ramón Cabarcos á fronte, e tamén dos alumnos. Destacou as cinco décadas de traballo por «unha formación crave para os futuros profesionais que nutre a cultura do noso país». Destacou que o centro lucense foi pioneiro e…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración unha exposición promovida pola Fundación Juana de Vega e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co fin de pór en valor a traxectoria da mecenas e filántropa coruñesa con motivo do 150 aniversario do seu falecemento.
A exposición está composta por 20 paneis nos que se destacan os aspectos máis relevantes da traxectoria vital desta ilustre coruñesa, progresista, avanzada á súa época e cunha gran sensibilidade social, que deixou unha pegada indeleble tanto na cidade da…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na celebración do V aniversario da revista ibérica de diplomacia e negocios, Raia Diplomática
O tema principal deste acto foi a raia: a fronteira entre Portugal e España. É a fronteira máis longa (1.214 km) e máis antiga entre os países da Unión Europea. É unha rexión moi rica en Historia e en cultura, pero desafortunadamente moi despoboada e cun baixo desenvolvemento económico e social.
Javier Vázquez Prado, director de Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao público, principalmente Embaixadores e membros das…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na presentación do libro "Peregrinos-Encontros no Camiño de Santiago", de Alfredo Aguilar, e durante a presentación do mesmo debullou as súas impresións e vivencias ao longo dos seus anos como peregrino nas distintas ocasións que realizou o Camiño de Santiago.
Publicada en Círculo Rojo, Grupo Editorial, Aguilar relatou a unha sala abarrotada, como nas súas diversas experiencias atopouse con peregrinos, hospitaleiros e xente que vive en torno ao Camiño de Santiago e que deixaron nel unha pegada que definiu como "indeleble…