Notas de prensa

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de pintura "Anxos 2", da artista Gill Bird. A artista definiu a súa obra como figurativa e moi feminista. Goza representando á muller desde perspectivas diferentes. Esta pintora fala na linguaxe universal da creación artística para que todos os que contemplan a súa obra poidan entender o seu complexo e rico mundo, constituído pola inmensa vida que a rodea na Casa Grande de Soutullo (Coles), o seu taller artístico, no que nacen os seus cadros. A súa pintura reflicte a aparencia dos obxectos,…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de escultura "Entroido. Mobiliario, vestido, escultura", de Anxo Manuel Rodríguez Romero "Piquico".  "Mobiliario vestido" pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble. Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos personaxes do entroido, o seu animalario, como a mula ou o oso e os elementos típicos e simbólicos desta festa.  Pezas orgánicas, xogando á vez co contraste da pura xeometría do mobiliario, o cubismo e a idea de corte, de…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación do proxecto musical Corrente do Golfo liderado polo pianista e compositor galego Alberto Conde xunto á cantante cubana Diana Tarín, que ofreceron unha viaxe sonora a través de múltiples territorios, fusionando o jazz latino con influencias da cultura española, galega e cubana. Este proxecto musical -que acaba de ser lanzado como un dobre CD- celebra os lazos culturais e musicais entre a Península Ibérica, Galicia, Nova York e Cuba. O repertorio de Corrente do Golfo incluíu tanto composicións orixinais como…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da primeira novela dun ciclo que ten como protagonista a Xan Borrasca, un heroe pouco convencional: hemipléxico, corentón, temeroso e detective do oculto cun escuro pasado, cuxo autor é Miguel Salas. A novela, ambientada na Costa ártabra (ría de Ferrol) onde os invernos non terminan nunca, móvese entre a novela negra, a fantasía e o terror. Unha combinación de xéneros que resultará atractiva para o lector. Novela dura, pero con sentido do humor que inclúe unha trama amorosa e elementos fantásticos. O…
O director da Casa de Galicia en Madrid participou na segunda das conferencias enmarcadas no ciclo, coordinado polo arquitecto Domingo de Famara, e que leva por título: “Amor: a muller no camiño de peregrinación”.  Esta Mesa Redonda, que se iniciou o 25 de outubro, contou nesta ocasión coa  participación de  María Carretero e Fray D. José María Alonso del Val. A artista María Carretero, falou da conexión do camiño entre Galicia e Cantabria, desde o punto de vista da escultura, facendo especial referencia á súa obra “HOMENAXE AO PEREGRINO” 1993-1996, que se pode ver na Vila de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, asistiu á entrega de premios da Fundación Vítima do terrorismo (FVT) celebrada no auditorio da Fundación Mutua Madrileña, en Madrid.  Asistiron, entre outros,  o Defensor do Pobo, Angel Gabilondo,  altos cargos dos ministerios de Interior e Educación e representantes dos grupos parlamentarios.  O presidente da FVT, Tomás Caballero,  entregou os premios anuais da Fundación, que cumpriu a súa vixésima edición, na que foron premiados,  a Unidade Central de Desactivación de Explosivos (TEDAX-NRBQ) da Policía…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no encontro que a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo en Madrid no encontro “lOS ALMUERZOS DE AEGAMA”, organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid. Durante a súa intervención, Lorenzana destacou que a Xunta traballa para converter Galicia nun polo de emprendemento industrial capaz de atraer investimentos garantindo as máximas facilidades na tramitación. Neste ámbito, destacou a próxima posta en marcha da Oficina Económica de Galicia, que funcionará como única canle…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu Antonio Troncoso: "ANTONIO PALACIOS RAMILO, ARQUITECTO. Descrición persoal, o que puido ser e non foi". Acompañaron ao conferenciante: Horacio Rico Rodríguez, presidente de FAGAMA; e Fernando Gómez, presidente da Xuntanza de Alcobendas. Antonio Troncoso é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi relator e profesor en diversos simposios e publicou numerosas obras e artigos sobre Dereito. Foi profesor de Xeografía Turística.  O conferenciante centrouse…
Acompañaron á escritora durante a presentación do libro: o Dr. Fernando Díez Moreno, vicepresidente da Fundación Tomás Moro, que presidiu a mesa; o Coronel D. José Pardo de Santayana e Gómez de Olea, presidente da Fundación Tomás Moro; o Dr. Pablo González-Pola da Granja, profesor, historiador e escritor; José Luís Nieto Aranda, poeta e escritor; e Nava Castro, alcaldesa do concello de Ponteareas. Esther Sestelo é Doutora en Musicoloxía, Licenciada en Historia e Ciencias da Música. Con varios títulos de Profesor Superior de Conservatorio, é Funcionaria de Carreira ao Corpo de Profesores de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición “PASADO-PRESENTE-FUTURO” co que se celebra o 50 aniversario da Escola de arte Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo. Na exposición, participou tamén, o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias que agradeceu o labor do equipo directivo da escola, co director Ramón Cabarcos á fronte, e tamén dos alumnos. Destacou as cinco décadas de traballo por «unha formación crave para os futuros profesionais que nutre a cultura do noso  país». Destacou que o centro lucense foi pioneiro e…