Notas de prensa
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, deu a benvida a Juan Fariña, que presentou, “Ou que foi”, segunda obra da súa carreira como escritor que se centra na desaparición dos pobos que asolagou o encoro de Belesar, centrándose en Portomarín.
Fariña contou na presentación que se documentou moitísimo. “Falei con xente de alí que me contou cousas interesantes do pasado. Eu destacaría as conversacións cos do pazo de Berbetoros e con Pereira, que é a memoria fotográfica de Portomarín. Meto personaxes no libro como Barrié da Maza ou Carmen Polo. Tanto no pasado como no presente…
O director de la Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na tarde de onte na inauguración da exposición de traxes da mezzosoprano Teresa Berganza, que leva por título: “Colección de traxes de Teresa Berganza, camiño longo da miña vida”, e que poderá visitarse na sala Camilo José Cela da Casa de Galicia.
Serrano mostrouse satisfeito por acoller na Casa de Galicia esta exposición xa que “é diferente, pois nunca a Casa de Galicia acollera unha exposición de moda”, rematou o director, seguro de que iniciativas como estas, pon en valor o patrimonio cultural galego.
Román…
A Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de pintura e escultura do artista lucense, Miguel Núñez, que presentou ante máis de medio cento de persoas unha obra que mostra unha ampla selección de pezas coa que establece un diálogo entre materias como a madeira e o metal, para confluír nunha mestura de volumes e texturas que cobran formas sorprendentes, ben en escultura, ben en pintura de esmalte degradado en sobre zinc.
Núñez explicou aos asistentes, que o interese de traballar con este material xorde de experimentar coa natural maleabilidade, buscando unha obra híbrida…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación da novela, “Mi flor de Liss” da escritora con orixe en Santiago, Marinieves Garabal.
A autora estivo acompañada durante a presentación polo Dr. D. Alfonso Chinchilla, neurólogo; polo Dr. D. Luis Rodríguez Padial, cardiólogo; pola Dra. Dª Adela Alonso, psicóloga; e o editor, Ignacio Rodríguez.
Marinieves Garabal, coa súa consabida sutileza e sensibilidade sabe chegar a alma dos lectores. Conseguiuno nas súas tres anteriores novelas, así coma nos múltiples artigos publicados e faino agora con esta apaixoante…
A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, foi o escenario onde a Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) entregou o nomeamento de Membro de Honra concedida ao Presidente Emérito do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas.
Asistiron ao acto parlamentarios, membros de Iurisgama e membros e directivos doutras asociacións de profesionais galegas en Madrid, como Asomega e Aegama.
O secretario de Iurisgama, Jesús Gómez Montero, leu a acta da asemblea xeral, na que por unanimidade tomou o acordo deste nomeamento.
No acto tamén participaron Carlos Lema Devesa,…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao alcalde de Friol, José Ángel Santos que presentou na Casa de Galicia a Feira do Queixo e Pan de Ousá, que terá lugar o próximo 26 de marzo na Praza Andón Cebreiro e no Parque Rosalía de Castro do municipio.
O director da Casa de Galicia manifestou ter no seu ADN o rural galego no que traballou desde moi novo e fixo referencia ao queixo tirando do refraneiro para poñer en valor estes produtos que foron degustados tras a presentación por un cento de persoas.
O alcalde do municipio lucense, José Ángel Santos non deixou…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid participou na proposta turística de Ferrol, que desembarcou en Madrid o pasado martes ante medio centenar de medios de comunicación e axencias de viaxes para dar a coñecer o que esta cidade ten para ofrecer ao visitante.
O acto deu comezo, presentado polo CEO do Grupo RVEdipress e Director do programa ‘Miradas Viajeras’ de Radio e TV, Fernando Valmaseda, quen, en todo momento, achegou a súa particular forma de sentir, contar e compartir historias do destino cos asistentes. Foi o encargado de presentar o vídeo promocional ‘É o destino. É…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu na tarde de onte a inauguración da exposición de Amalia Costa que leva por título “Salitre”.
A pintora, natural de Muros, deu a coñecer unha colección de 12 pezas presentadas baixo un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza nos seus ‘recordos’ de Muros e no mar como tema central da súa obra pictórica.
Os cadros de Amalia Costa deixan ver, tocar algas e peixes diminutos, cangrexos e cunchas; aboias, redes, barcas, ou os reflexos das ondas. Os recordos da súa infancia en Muros traen aos seus cadros os xeados…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida a Antonino Nieto, que se define a si mesmo como poeta, videoartista, creador de espectáculos e rituais nos que xunta literatura, artes plásticas, circo, performers ou ballets, e que presentou na tarde de hoxe o seu poemario “El pulgar de la alegría”.
Ilia Galán director da colección foi o encargado de presentar ao polifacético escritor nado en Verín e colaborador habitual en diferentes programas de radio e revistas culturais. Publicou máis de corenta libros, dos cales algúns deles foron traducidos ao inglés, ruso, alemán, italiano e…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida no día de onte ao maxistrado de orixe ourensá, José Antonio Vázquez Taín que presentou o seu último documental repasando a historia do traxecto que uniu o norte e o sur peninsular durante máis de mil anos e que constrúe un relato audiovisual a modo de documental a través dos séculos e que pon en valor a memoria histórica da Vía da Prata.
O traxecto deste itinerario discorre pola terra que o viu nacer, feito que o motivou a involucrarse neste proxecto coa intención de dar a coñecer a súa importancia, e facer visible unha ruta pouco…