Hoxe

--
seica-en-madrid
A Casa de Galicia en Madrid presenta Seica en Madrid, unha exposición do artista galego Xesús Carballido que invita a descubrir unha forma diferente de mirar e entender a arte.A través de collages, ensamblaxes e composicións elaboradas con obxectos cotiáns e materiais recuperados, o artista transforma elementos aparentemente esquecidos en novas creacións cheas de significado. Unha proposta que…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Eventos pasados

Con el objetivo de mantener, promocionar y difundir la técnica del encaje de bolillos de origen Camariñas, el Centro Gallego de Móstoles presenta en la Casa de Galicia en Madrid una exposición compuesta por un total de 83 trabajos entre los que destacan una magnífica colección de abanicos, chales pañuelos, fulares, paños de mesa, ligas de novia, bolsos, manteles...etc. Por su valor económico destacan un chal de seda y un calendario de adviento. En el transcurso de la exposición, se podrán observar talleres in situ donde las 17 alumnas que conforman el grupo de palilleiras podrán dar a…
Alberto Vila (Al Vila) comeza a súa andadura musical en 1996 formando parte do grupo SOLO112 co cal grava o seu primeiro disco. En 2008, inicia a súa carreira en solitario que culmina coa publicación do disco "Empezándonos", co que quere romper co pasado e, á súa vez, comezar cunha nova etapa. Dado o éxito dos seus concertos en directo por toda a xeografía española, grava o seu segundo disco máis intimista e afín ao ferrolán, "Siguiéndonos". Moito máis persoal, no que mostra temas que van desde un gran contido eléctrico a temas acústicos con melodías elaboradas ou baladas envolventes e…
FRANCISCO R. GARCÍA FERNÁNDEZ. Santiago de Compostela, 1952. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago, realizou o MIR no Hospital La Paz, onde foi adxunto de Cardioloxía. Tras pasar pola Universidade Autónoma de Madrid, obtivo o grao de Doutor Cum Laude e convertiuse en especialista de pulmón e corazón na Comunidade de Madrid. Participou como conferenciante e autor en multitude de congresos, revistas e libros. É membro da Sociedade Española de Cardioloxía desde 1980. En 1991 pediu a excedencia para exercer a medicina privada, e…
Sergio Franqueira é Titulado Superior en Guitarra Clásica polo Conservatorio Superior da Coruña, con Matrícula de Honra en Guitarra e no Recital de Fin de Carreira, e Mención de Honra á Excelencia musical da Fundación Paideia-Xunta de Galicia, realizando os seus estudos co profesor Eulogio Albalat. Paralelamente realiza estudos de trombón. É Máster en Guitarra e Interpretación musical pola Universidade de Extremadura, estudando co mestre Ricardo Gallén, estudos que realiza tras obter una bolsa da Deputación da Coruña. Ademais, ampliou os…
A Casa de Galicia en Madrid acolle durante o mes de setembro “Pingas gravados”, unha proposta moi particular na que o artista compostelán Manoel Bonabal mostra gravados coa temática da choiva. “Pingas”  xorde nas rúas de Compostela como resposta a un interrogante, o da identidade. Son un reflexo do autor, da súa cidade, dunha cidade que é auga, como auga son os seus habitantes e como pingas son tamén as que dan nome á exposición e que conforman ese signo de identidade que aparece en todas as obras do autor. O proceso de traballo é esencial para Manoel Boanabal. O nacemento dunha…
La Casa de Galicia pone a disposición de este reconocido pintor estradense dos salas. En una  expondrá composiciones de naturalezas muertas contemporáneas y en la segunda sala, llamada sala L, expondrá pinturas de paisajes gallegos, sobre todo del Caurel, que ocupó durante varios años la mayor parte de la obra de Cimadevila. La técnica empregada es óleos sobre tela con aplicaciones de madera a modo de collages y acero inoxidable en muchos cuadros, además de acuarelas, en algunos casos con tratamiento de óleo e grafito que se podrían calificar como…
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebra o día 17 de xullo ás 19:00 horas O DÍA DE GALICIA EN MADRID, que conmemora institucionalmente a festividade de Santiago Apostol, o 25 de xullo, na nosa Comunidade Autónoma. O acto terá carácter institucional e ao mesmo tempo lúdico. Tras o Discurso de apertura por parte do Delegado da Xunta en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, farase entrega de Diplomas a altas personalidades da Administración, do campo da Universidade, a Xustiza, a Prensa, e outros ámbitos, pola súa destacada traxectoria política e…
ANTONIO DOMÍNGUEZ REY (Rianxo, 1945), autor bilingüe en galego e castelán e accésit do Premio Adonáis en 1973. Humanista, filósofo, cunha ampla experiencia docente como catedrático de Instituto e de Universidade, lingüista e fenomenólogo. O poeta galego Antonio Domínguez Rey estudou Humanidades e Filosofía e é Doutor nesta materia tamén en Lingüística Hispánica. É Catedrático excedente de lingua e literatura española de Instituto e Catedrático de Lingüística na UNED. En 1982 propón desde París a creación dun Instituto Internacional de Lingua e Cultura Españolas. Desde 1997 dirixe a…
A Casa de Galicia en Madrid acollerá o vindeiro luns, 9 de xullo, ás 20:00 horas, un acto de homenaxe ao escritor ourensán Celso Emilio Ferreiro, con motivo do centenario do seu nacemento e dos cincuenta anos da publicación do seu poemario Longa noite de pedra. Persoeiros do ámbito da cultura, autoridades de Galicia en Madrid, amigos e familiares do escritor de Celanova recordarán a súa obra a través do recital poético dalgúns dos seus versos máis emblemáticos. A homenaxe na Casa de Galicia completarase coa actuación do cantautor Amancio…
De formación autodidacta, pero cunha clara vocación pola pintura, en 1965 trasládase a Alemaña, onde vive durante unha década e onde adquire unha sólida formación pictórica. Alí coñece a Walter Womacka, co que entabla una sólida amizade, realizando con el varios talleres de pintura no seu estudio de Berlín. Pola súa amizade con Womacka coñece a Gerhard Richter, un dos mellores pintores alemanes do momento, quen a orienta na súa vocación e estilo e a axuda na súa formación. Nos 80 coñece a Walasse Ting, famoso e desaparecido pintor chinés, nacionalizado norteamericano, con quen comparte…