Notas de prensa
Tras as palabras de benvida por parte do coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, na presentación interviñeron: o presidente de AEGAMA, Julio Lage e por parte de Mercado Hispano, Antonio Sancristán e Lucía Espinosa.
Lage subliñou "a satisfacción que supón poder contar con Mercado Hispano como nova empresa asociada, desexándolle unha longa vida chea de éxitos, para Galician Dry Towers Gin, e para Lucía e Antonio como novos socios. Que nos atopemos en medio mundo Galician Dry Towers Gin e que con ela brindemos en…
Na exposición, as geishas reservadas e á vez cheas de felicidade transformada en quietude, contemplación e recoñecemento de Ana Soler e as mulleres nipoas sensuais, que respiran plenitude amorosa, de Yano Yoro complementan o espírito nipón literariamente cos "haikus" de Francisca García, poemas breves que incitan á reflexión, ecoan e incitan á beleza e a intimidade.
Na inauguración interviñeron as tres artistas e o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez, quen o fixo en representación do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega. Ademais, Francisca García…
O acto de inauguración correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais da institución galega en Madrid, Ramón Jiménez Pérez, quen o fixo en nome do delegado e director da mesma, José Ramón Ónega.
"Lagares volve a esta Casa despois de 24 anos, en que realizou a mostra titulada "PINTURAS 1984 ? 1994", nun estilo moi diferente do que poden ver agora, e que particularmente a min gustábame máis; pero eu non son un crítico de arte, aínda que si sei que cada artista evoluciona segundo camiños persoais e misteriosos, que en todo caso esixen un gran esforzo", dixo Jiménez nas súas palabras de…
A "Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia" alzouse co prestixioso Premio IWC Merchant Awards
"Énchenos de orgullo que o máis alto galardón do sector da enogastronomía europea recaese nesta Guía, específica de Galicia, que este ano cumpre a súa décima edición e que xa tivemos o pracer de ter nesta Casa da man dos seus responsables en presentacións de edicións anteriores", manifestou Ónega, quen tamén lembrou que o seu avó dedicábase á venda de viño.
O director da publicación, Luís Paadín, valorou que "o mundo do viño de Galicia superou unha nova etapa de madurez ao facerse, por primeira vez na súa historia, unha publicación específica sobre a súa produción con tan prestixioso…
O promotor e alma, tanto do acto como do propio museo, é o enxeñeiro técnico agrícola e "labrego", como a el mesmo gústalle definirse, Marcos Vázquez Marey, quen montou MUVICLA na a pequena localidade lucense de Trasliste (Láncara).
MUVICLA é moito máis que un museo de tractores e apeiros de labranza ao uso, pois trátase dun "museo vivo, dado que todo o que nel se mostra, funciona".
A presentación contou co apoio de membros das diferentes administracións así como de destacados profesionais do sector da maquinaria agrícola a quen Vázquez Marey puido ofrecer a súa visión da…
Interviñeron na presentación Vicente Araguas, o presidente do Grupo Editorial Sial- Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada, e o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en representación do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega.
Jiménez explicou que cando a obra "estaba a piques de enviarse a imprenta produciuse o falecemento do seu autor, en marzo deste ano". "Impresiona o feito de que escribise estes 74 poemas aos seus 74 anos, coma se adiviñase o seu destino de broche final, de recapitulación existencial á súa brillante obra, considerada como…
Na presentación participaron o seu autor e director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, o presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos, o subdirector do Museo Nacional de Artes Decorativas, Félix de la Fuente Andrés, o director da editorial, Henrique Alvarellos, o alcalde de Santa Comba, David Barbeira García, e o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen interveu en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega.
Jiménez lembrou que a senda detallada na guía "remóntase a tempo dos romanos e acolleu logo a peregrinos e camiñantes desde…
"Retomamos hoxe os cursos de galego que tanto prestixio tiveron en edicións anteriores e que por avatares administrativos interrompéronse temporalmente", sinalou Ónega, confiado en que "esta nova convocatoria supere a aceptación inicial das anteriores da man da profesora Paula Cousillas". O delegado lembrou que "o idioma galego ha pasado por distintas visicitudes socio-políticas" ao longo da historia, que foron "desde a súa aceptación máis ou menos parcial no século XIX á súa negación durante a ditadura e posterior restauración na democracia". "Hoxe asistimos, afortunadamente, ao seu…
A posibilidade da visita xurdira esta primavera na celebración da "Tenda Pop Up Galicia. Saberes e sabores" cando a emprendedora santiaguesa Manuela Madriñal coincidiu co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e co delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega. Tras as presentacións de rigor, e manifestar interese por coñecer a Casa e que ademais contaba cunha estreita relación con outras mulleres profesionais galegas residindo en Madrid, posiblemente tamén interesadas, quedaron xa entón en buscar unha data apropiada e recentemente conviñeron no día de hoxe.
A visita, que…
Interviñeron na presentación, ademais do autor, o editor e presidente de Edhasa, Daniel Fernández, o conde de Fontao, José Manuel Romero, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega. Entre os numerosos asistentes ao acto achábanse o deputado do PP por Lugo Jaime Eduardo de Olano, os xornalistas e escritores Jenaro Castro, Carlos G. Reigosa, Alfonso S. Palomares, Milagros Frías e Ramón Pernas e o político Ángel Mario Carreño.
Ónega, lucense, de Mosteiro-Pol, lembrou os vínculos da súa infancia e mocidade co diario El Progreso, de cuxo grupo de comunicación De Cora é director…