Notas de prensa

Numeroso público asistiu onte, 3 de marzo, á presentación da última novela do Capitán de Navío da Armada, Luis Mollá, publicada pola editorial Almuzara, en cuxas páxinas trata en forma novelada a descoñecida expedición de Juan Sebastián de Elcano e García Jofre de Loaísa, na que se trataba de dar unha segunda volta ao mundo en 1525, cando só transcorreran tres anos da primeira.  Ao acto de presentación acompañaron ao autor, Manuel Zafra Caramé, tamén Capitán de Navío, e Jesús Navazo, vicesecretario de Presidencia da Xunta de Galicia, quen deu a benvida aos asistentes e seguidamente…
A Casa de Galicia en Madrid acolle durante todo o mes de marzo, ata o 31 inclusive, a exposición conxunta de dous artistas, Belén Padrón e José Carlos Seoane, tiulada "Érase unha vez...". Onte, 2 de marzo, tivo lugar o acto de inauguración da mostra que contou coa presenza de Jesús Navazo, vicesecretario de Presidencia da Xunta de Galicia, acompañando a ambos os artistas. En nome da Xunta de Galicia, deu a benvida ao público asistente e seguidamente presentou en primeiro lugar a Belén Padrón “unha pintora que, aínda que nada en Oviedo, pasou os seus anos de formación en Pontevedra, onde…
Onte, luns, 28 de febreiro, a Casa de Galicia en Madrid presentou o documental "O principio do mundo de Julio Camba", dirixido e escrito por Aser Álvarez en colaboración co Consello da Cultura Galega, con motivo da celebración do 60º aniversario do falecemento dun dos xornalistas máis relevantes da primeira metade do século XX. Este documental inaugura o "Ano de Julio Camba en Madrid" e pretende ser o primeiro das diversas homenaxes que se van realizar ao longo deste ano en recordo e recoñecemento á figura do xornalista natural de Vilagarcía de Arousa.  Ao acto de presentación…
Onte, mércores, 2 de febreiro, despois da súa última visita á Casa de Galicia hai 12 anos cunha exposición dedicada á Semana Santa, Plácido Amboage regresa cunha mostra dedicada á súa cidade natal, Santiago de Compostela, que leva por título “Estampas de Compostela”. Esta exposición de pintura, que está composta por máis de trinta obras, de mediano formato na  súa maioría e principalmente realizadas en tinta chinesa, ocupa as dúas salas da planta baixa do edificio e poderá visitarse durante todo o mes de febreiro ata o día 27 inclusive. Nesta ocasión, a presentación da …
Onte, 31 de xaneiro de 2022, xubilouse o noso compañeiro Ramón Jiménez, que foi durante os últimos 28 anos o encargado de coordinar e xestionar todas as actividades culturais da Casa de Galicia. Desde aquí, a que sempre será a súa Casa, queremos que quede constancia a nosa mensaxe de agradecemento pola súa dedicación, o seu bo facer profesional e polo bo ambiente que xerou sempre entre os seus compañeiros. Especialmente, o persoal da Casa de Galicia quere recoñecer en Ramón non só o bo facer no seu labor como coordinador, senón a súa implicación persoal, conseguindo que cada acto realizado…
Ayer, 27 de enero de 2022, jueves, con la asistencia de numeroso público, que recordaba los tiempos anteriores a la pandemia, la Casa de Galicia en Madrid sirvió de marco para la presentación  del libro PINZÓN, EL MARINO QUE ADELANTÓ A COLÓN, de María Jesús Domínguez Sío, publicado por la editorial Almuzara. María Jesús Domínguez Sío, natural de Porriño (Pontevedra) y residente en Madrid, licenciada en Filosofía y Letras por la Universidad de Santiago de Compostela y doctora en Filología Hispánica por la Universidad Complutense, ha sido catedrática de Lengua y Literatura en institutos…
Onte, 17 de xaneiro de 2022, a Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro de poesía “La luz pensativa”, do autor pontevedrés, natural de Redondela e residente en Madrid, José Cereijo, e que publicou a editorial Pre-Textos, na que xa publicara algunhas obras máis, como “La amistad silenciosa de la luna”, “Música para sueños” ou “Los dones del otoño”. Cereijo foi incluído tamén en diversas antoloxías e, á súa vez, é autor doutras sobre destacados poetas.  O Coordinador de Actividades da Delegación, Ramón Jiménez, pronunciou unhas palabras de benvida ao acto e subliñou…
O pasado martes 11 de xaneiro, inaugurouse na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a primeira exposición do presente ano 2022, a de debuxos do artista vigués Mingos Teixeira titulada "Fortes Feitizos". A exposición, que se compón de 40 obras de diferentes medidas ocupará as dúas salas da planta baixa do edificio ata o próximo 30 de xaneiro inclusive.  O pintor non puido asistir á presentación da mostra por atoparse convalecente aínda dunha importante intervención cirúrxica que se lle practicou en outubro do ano pasado, polo que a única intervención no acto correspondeu ao…
Onte, 14 de decembro de 2021, presentouse na Casa de Galicia en Madrid o libro "Nuevos ensayos críticos sobre Emilia Pardo Bazán (Y una nueva selección de cuentos)", de Juan Paredes, publicado polo Grupo Editorial Sial-Pigmalión na súa colección Trivium, Biblioteca de Textos y Ensayo. O autor, catedrático emérito da Universidade de Granada e especialista en lírica románica medieval, particularmente galego portuguesa, é ademais un investigador da narrativa curta, dentro da literatura románica medieval, e fóra dese ámbito un estudioso dos contos de Emilia Pardo Bazán, xénero no que…
Onte, 2 de decembro de 2021, e 12 anos despois da súa última exposición na Casa de Galicia en Madrid, inaugurouse nela outra mostra do artista cántabro Marnay, moi vinculado a Galicia polos temas das súas obras.  A exposición, coa que a Casa pecha as actividades artísticas do presente ano, e que poderá visitarse ata o próximo día 30, titúlase "Aromas de mar e montaña" e componse de preto de 60 cadros, de pequeno, mediano e gran formato, de carácter intimista, nos que representa, fundamentalmente mediante a técnica do óleo, paisaxes de mar e de montaña. Como explicou o coordinador de…