Notas de prensa

Madrid, 11 de outubro de 2022.- A Casa de Galicia en Madrid acolleu no dia de onte unha conferencia con cata incluída, para dar a coñecer e promocionar as calidades e calidade dos viños galegos en Madrid. O día de onte foi a quenda de adega Emilio Vermello, que de man de Luís Paadín, director da Guía de Viños Destilados e Adegas de Galicia, presentou de modo “quirúrjico” ante un selecto grupo da prensa especializada e catadoras, catas verticais (“anadas”) das adegas máis emblemáticas de Galicia.  A actividade serviu como escaparate para poñer de manifesto a enorme diversidade dos viños…
Madrid, 10 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid acompañou na mañá do pasado venres ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na presentación da obra do artista Manolo Paz en Madrid, na que tamén se fixeron presentes, o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida e a delegada da área de Cultura, Turismo e Deporte, Andrea Levy. A exposición itinerante “A distancia que nos une” do artista Manolo Paz, xa se pode contemplar nos lugares máis emblemáticos de Madrid. Desde a Praza de Colón ata Paseo do Prado poderanse contemplar doce obras…
Madrid, 7 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid visitou na tarde de onte a localidade de Collado Villalba para participar na festa do marisco galego.   Á súa chegada, o director da Casa de Galicia foi recibido por Mariola Vargas, alcaldesa da localidade e Pilar López, presidenta do Centro Gallego do Noroeste de Madrid, á que acompañaban diferentes membros desta sociedade galega. Serrano mostrouse interesado polas actividades e proxectos que están a levar a cabo desde o centro galego e puxo á súa disposición a Casa de Galicia para colaborar en todos aqueles…
Madrid, 5 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano presentou onte a exposición do artista pontevedrés Fernando Carballa, que leva por título: “Materia do inefable”, coa que o polifacético artista deleitou ao público que gozou con obra de Carballa. A guionista Caridade Fernández, foi a encargada de presentar ao artista. Fernández dixo, “que o traballo de Fernando fala en por si”, facendo súas as palabras de Paul Klee: “a arte non expresa o visible senón que fai visible o inefable”.  Fernández puxo de manifesto o proceso creativo de Carballa, e sinalou…
Madrid, 4 de outubro de 2022.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou onte que Galicia quere contribuír a impulsar a recuperación e o crecemento económico achegando experiencia, talento e estabilidade.  Durante a súa intervención no foro Os xantares de Aegama, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, e que contou coa presenza do director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, Conde destacou o traballo da Xunta por acompañar as necesidades das familias e do tecido empresarial nun contexto marcado…
Madrid,  30 de setembro de 2022.- Na 42 edición da Feira Internacional de Turismo -FITUR 2022, a caseta de Galicia resultou galardoado co PREMIO Á MELLOR CASETA DE FITUR 2022 dentro da categoría de “Institucións e Comunidades Autónomas”. O acto contou coa presenza do Presidente do Comité Executivo de IFEMA MADRID, D. José Vicente dos Mozos, o Presidente do Comité Organizador de FITUR, D. Javier Sánchez-Prieto, D. José Félix de Paz, en representación do Secretario de Estado de Turismo e D. Juan Serrano López, Director da Casa de Galicia en Madrid, encargado de recoller o premio. A…
Madrid, 27 de SETEMBRO de 2022. A Casa de Galicia en Madrid acolleu onte a reunión de case unha vintena de asociacións galegas en Madrid. Os distintos representantes foron recibidos polo recentemente nomeado director da Casa de Galicia, Juan Serrano López e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. O novo director deu a benvida aos distintos representantes das asociacións, púxose á súa disposición e fíxolles partícipes das numerosas actividades que están programadas para un futuro a curto e medio prazo, convidándolles a participar e facerse presente en cada unha delas.…
Onte, 2 de xuño, tivo lugar a inauguración do novo proxecto expositivo da pintora Gema López, "Corpo permeable/Corpo insubstituíble", que poderá contemplarse nas dúas salas principais da Casa de Galicia ata o 30 de xuño.  O vicesecretario xeral de Presidencia, Jesús Navazo, deu a benvida aos asistentes ao acto, destacando da pintora a súa ampla traxectoria artística ao longo deste últimos quince anos con abundantes exposicións realizadas e recoñecementos recibidos.  A continuación tomou a palabra a artista lucense que agradeceu a todos os asistentes a súa presenza na inauguración…
A Casa de Galicia encheuse de público para asistir onte pola tarde á presentación dos discos "Ramalleira. Música para animar el alma", do gaiteiro Miguel Ramalleira, e "Músicas de Ferreiros", do gaiteiro Javier Franco. Ambos estiveron acompañados polo vicesecretario de Presidencia da Xunta de Galicia, Jesús Navazo, que deu a benvida aos asistentes en nome da Xunta de Galicia e destacou os aspectos máis relevantes da música que interpretan e, seguidamente, pasou a palabra ao presidente da Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid (FAGAMA), Horacio Rico, de cuxa iniciativa parte esta…
Onte, luns, tivo lugar a presentación do libro "Madre María Antonia de Jesús, carmelita descalza. Autobiografía, fundadora del Carmelo de Santiago de Compostela (1700-1760)", publicado polo Grupo Editorial Fonte. O acto foi moderado por Leticia Casans, directora do programa "Monasterios y Conventos", de Radio María que foi a encargada de presentar ao Cardeal Arcebispo Emérito de Madrid, Antonio María Rouco Varela, quen relatou a súa experiencia persoal coas comunidades carmelitas en Santiago e, posteriormente, en Madrid e fixo un breve percorrido pola historia do Carmelo e a súa vinculación…