Notas de prensa

A Delegación da Xunta en Madrid / Casa de Galicia serviu de marco onte, 29 de abril de 2021, para a celebración da segunda das catro Mesas Redondas do Ciclo De Belo Lucem que, con ocasión da conmemoración do Centenario de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921) organizou o concello de Madrid en colaboración con Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, da Coruña. Os participantes foron Ana María Freire López, catedrática de Literatura Española da UNED e promotora deste proxecto, e que actuou ademais como moderadora; Xulia Santiso, conservadora de Casa-Museo Emilia Pardo Bazán…
Tras máis dun ano de obrigada inactividade cultural debido á pandemia do covid-19, na que se suspenderon os actos públicos na Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid, esta reabriu onte as súas portas para a presentación en aforo limitado do festival Bal y Gay 2021, a celebrarse do 14 ao 16 de maio e do 18 ao 26 de agosto en espazos máxicos da Mariña lucense. Unha programación musical de excelencia convivirá, eses días, coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da zona. O acto, guiado pola xornalista de Radio Clásica Clara Sánchez, foi introducido polo coordinador…
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeñou numerosos cargos ao longo da súa vida, entre eles os de subdirector xeral de Política Interior (1977), subdirector xeral do Gabinete Técnico da Subsecretaría de Orde Pública (1978) e Gobernador Civil de Zamora (1979) e Biscaia (1982). Este último marcaríao especialmente, por ter que ver reflectida demasiadas veces nos ollos dos cidadáns as consecuencias da barbarie de ETA. Entre 1984 e 1993 foi Inspector Xeneral de Servizos do Ministerio do Interior, e en 1996 foi nomeado director xeral de Política Interior. Foi…
Madrid, 27 de novembro de 2020. Asomega puido materializar un compromiso que tiña fixado desde principios deste ano: facer un recoñecemento público á figura de José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia na capital. A entrega da Insignia de Ouro 2020 de Asomega realizouse  nun evento que puido seguirse só vía en liña dadas as actuais restricións vinculadas á pandemia. O presidente de Asomega, Julio Ancochea, empezou destacando que Ónega, nos seus once anos á fronte da Casa de Galicia en Madrid, “sempre nos acolleu e…
A Casa de Galicia en Madrid reabre as súas portas a efectos administrativos. Poderase visitar tamén a exposición interrompida o 13 de marzo, " Hai mulleres", de Otero Regal, ata o próximo 30 de xullo. As visitas non poderán, con todo, acceder en grupo.
O Goberno de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, decretou loito oficial na Comunidade galega durante todo o mes de maio en homenaxe ás vítimas falecidas polo coronavirus COVID-19 e as súas familias. O Goberno galego considera que finalizada a fase aguda da crise sanitaria é o momento de recoñecer as súas vítimas. En homenaxe a elas, na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ondean as bandeiras a medio mastro.
Con motivo da situación sanitaria creada pola expansión do virus COVID-19 (Coronavirus), suspéndense temporalmente as actividades na Casa de Galicia en Madrid. Avisaremos do seu reinicio con novas convocatorias de actos.
As obras de Otero Regal, (artista plástico, creador de cerámica, escultor, muralista, ilustrador, escritor, xornalista, enólogo, e outras moitas facetas culturais que cultiva desde os 18 anos), ofrecen ademais a particularidade de ter un colorido propio dado que o artista tamén posúe estudos de formulación, o que lle permite crear gamas cromáticas persoais e exclusivas que el mesmo fabrica. A inauguración da mostra correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, quen nas súas palabras lembrou que é a segunda vez que Otero Regal expón na Casa de Galicia. "A primeira foi…
A historia prosegue e mentres no Reino de Castela sucédense as intrigas pola sucesión de Enrique IV, en Galicia a guerra entre os señores feudais tórnase máis cruel e desapiadada cada día. O Bispo de Lugo, o Arcebispo de Santiago e os condes de Lemos e Benavente pelexan encarnizadamente polo control do territorio e sobre todo pola posesión do Camiño de Santiago e as riquezas que por el circulan. No medio de todo iso, Rosendo e a súa familia, uns campesiños expulsados das súas terras e obrigados a converterse en bandoleiros, loitan por recuperar a súa casa e sobrevivir na contorna hostil da…
No acto, ao que asistiron preto de dous centenares de personas, proxectouse o documental: "La Compostela de la Casa de la Troya" de Aser Álvarez e Benigno Amor, en o que se ofrecen os diferentes aspectos da cidade a finais do século XIX e principios do XX. Ademais ofreceuse a actuación musical a cargo de Troyanos de Compostela que interpretaron algunhas das pezas máis coñecidas do tradicional repertorio galego da tuna como Santiago, Lela, Alfonsina, ou Unha noite na eira do trigo. A presentación correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez e interviñeron o…