Outros actos en Madrid
Actos
Este segundo disco e o seu título están inspirados no "Parque do Pasatempo", un precursor dos parques temáticos situado en Betanzos, a antiga capital do Reino de Galicia. Os seus promotores e construtores, os García Irmáns, quixeron plasmar nesta obra arquitectónica unha infinidade de detalles sobre as súas innumerables viaxes ao redor do mundo.
Esta mesma idea é a que persegue Radio Cos, hermanar neste disco as culturas coas que mantiveron un contacto a través das súas viaxes musicais.
Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas de Radio Cos, son dous referentes no campo da…
O cinema creou unha ligazón para adquirir as entradas: http://www.pillalas.com/pase/449612/.
A película lanzouse comercialmente o 9 de outubro e estreouse en Galicia co título de "A praia dos afogados" e co de "La playa de los ahogados" no resto de España.
al
Madrid, 19 de setembro de 2014. - A editorial Hoja de Lata presenta en Madrid o libro "Artes subversivas para cultivar jardines", da escritora galega Teresa Moure.
O acto terá como presentador o deputado galego Xosé Manuel Beirase estará amenizado cunha perfomancepoética a cargo da propia escritora.
Acto: Presentación do libro "Artes subversivas para cultivar jardines".
Data: xoves, 25 de setembro de 2014.
Hora: 19,30 horas.
Lugar: La Central de Callao (C/ Postigo de San Martín, 8 - Madrid.)
al
Madrid, 7 de xuño de 2013. - A exposición "Arte e ritual na Catedral de Santiago de Compostela", do fotógrafo Luis Gabú, mostra unha selección de vinte fotografías resultado das experiencia e das investigacións levadas a cabo polo artista sobre o Xacobeo e as peregrinacións a Santiago de Compostela.
A exposición conta co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, do Goberno de España, e da Xunta de Galicia.
Pode verse do 7 de xuño ao 1 de setembro no Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid (Rúa de Alfonso XII, 68 28014 Madrid. Tel.: 915 30 64 18).
al
Por outra parte, como é habitual, a Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia tamén se suma á celebración do Día das Letras Galegas en Madrid. Nesta ocasión hai o o xoves 16 de maio, ás 19 horas, cunha conferencia a cargo da actriz Uxía Blanco, que traballou con Vidal Bolaño nas películas Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, e A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda.
O Centro de Estudos Galegos de la Universidad Complutense de Madrid, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Espazo das Linguas Ibéricas, a Universidade Nacional de Educación a Distancia e a Asociación de Mulleres…
al
O Centro Cultural Coreano de Madrid expón a obra pictórica jacobea do artista coreano Namgoong Moon na mostra titulada 'Un artista coreano no Camiño de Santiago', que se exhibirá do 23 de abril ao 10 de maio de 2013 na súa sala de exposicións do Paseo da Castelá, n.º 15, de Madrid. A exposición será inaugurada ás 20,50 horas do día 23 de abril dentro do marco cultural de 'A Noite dos Libros'.
Moon percorreu por primeira vez o Camiño de Santiago (1.000 km) no ano 2001, alí encontrou a súa inspiración e volveu facer o percorrido cada tres anos, nas catro estacións do ano, ata o 2010. Máis…
al
O compositor e cantautor Amancio Prada presentará os próximos 12, 13 e 14 de abril no madrileño Teatro Español os concertos escénicos "A Rosalía de Federido", que inclúen a estrea do "Seis Poemas Galegos" de Lorca e o seu "Salutación Elegíaca a Rosalía de Castro". A segunda parte do concerto está centrada nas cancións de Rosalía.
Madrid, 25 de marzo de 2013.- O compositor e cantautor Amancio Prada presentará os próximos 12, 13 e 14 de abril no madrileño Teatro Español os concertos escénicos "A Rosalía de Federido", que inclúen a estrea do "Seis Poemas Galegos" de Lorca e o seu "Salutación…
al
Madrid, 30 de novembro de 2012.- A Fundación Barrié organiza unha xornada divulgativa aberta ao público xeral sobre a restauración do Pórtico da Gloria, o próximo 4 de decembro no Conde Duque (C/Conde Duque, 9-11) de Madrid. Os relatorios abordarán o proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria dende diferentes perspectivas (liñas de investigación histórico-artística, liñas de traballo futuras, conclusións dos estudos previos e proposta do plan de intervención) e estarán precedidas por unha breve presentación da publicación ilustrada El Sueño de Mateo, editado en 2012 pola…
al
Presentan o acto: Carmen Nóvoa, Miguel Losada e Carmen Mejía (UCM), coa cordinación de Ricardo Pichel.
No programa: Tres testemuños persoais: Inés Canosa, Constanza Tobío e María Victoria Villaverde.
A vida oficial e a obra subversiva, antes e despois da morte de Franco, de Isaac Díaz Pardo
Xesús Alonso Montero
Clausura do acto: Recital poético
Organizan
Cátedra de Estudios Gallegos do Ateneo de Madrid
Centro de Estudos Galegos da UCM